Actualidad de Cultura

Noticias cultura

O Centro Dramático Galego colgará de novo o cartel de “entradas esgotadas” nas tres últimas funcións do seu espectáculo A serie clopen esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde terá sido visto por arredor de 5500 persoas desde a súa estrea o pasado 11 de setembro. Tras os 33 pases ofrecidos na sede da compañía da Xunta, tamén completando as butacas dispoñibles en varias ocasións, o espectáculo iniciará a finais de mes unha xira que o levará a outros cinco escenarios de Galicia e Portugal. Así, a proposta dirixida por Pablo Reboleiro representarase o 30 de outubro no Teatro Académico de Gil Vicente de Coímbra como parte da programación da Mostra Galiza Coimbra 2025, organizada polos colectivos Cena Lusófona e A Escola da Noite e que conta co apoio económico da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para ofrecer unha escolma de producións escénicas galegas, entre outras moitas actividades artísticas e formativas.
Tres candidaturas galegas optan como finalistas aos XVIII Premios Nacionales de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía, Fundesarte. O torneiro Aitor Martínez (Tomiño) opta ao premio Produto, a artesá Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela), é finalista na categoría Emprendemento, e a Fundación Artesanía de Galicia competirá polo Premio Promociona Entidades Públicas co seu proxecto Artesanía no Prato, no que se busca incorporar a Artesanía de Galicia á gastronomía como soporte dos menús para incrementar a singularidade e a exclusividade da proposta resultante.
O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura hoxe Nicasso, unha mostra que ofrece unha mirada crítica e irónica sobre as diversas lecturas que se fixeron da obra de Picasso desde a cultura popular. Trátase dunha exposición que amosa o traballo feito polo artista Carlos Pazos no que toma como referencia a famosa cerámica de Vallauris, localidade onde o artista malagueño se instalou entre 1948 e 1955 producindo unha extensa obra, para crear o esquema dun escaparate comercial. A peza, que se poderá contemplar ata o vindeiro 8 de febreiro, incide en cuestións relacionadas co consumo masivo e o desgaste estético das formas.
A Cidade da Cultura de Galicia inaugura este outono unha nova liña de programación que abrangue diferentes actividades divulgativas, lúdicas e didácticas ao redor das exposicións do Museo Centro Gaiás. Baixo o título Gaiás_Inspira, engloba así propostas innovadoras dirixidas tanto a público adulto como infantil e xuvenil, que converten as salas do Museo nun espazo vivo, aberto á participación do público, ao xogo e á aprendizaxe compartida, e que inclúen desde teatro inmersivo a visitas especiais ou unha xincana en formato escape room. A primeira das actividades coa que arrinca esta nova proposta da Cidade da Cultura será Castelao e Savelev: olladas converxentes, unha creación escénica de Oístes? Teatro en coprodución con Teatro En Punto, que presenta unha obra inmersiva deseñada para o segundo andar do Museo Centro Gaiás, onde neste momento se están a exhibir as exposicións 'Castelao. Mirar por Galicia' e 'Boris Savelev. Viewfinder, unha forma de mirar'.
A idea de divulgar a creación musical dun compositor lucense do Rexurdimento é o eixe deste ciclo de concertos de homenaxe a Xoán Montes na súa faceta como pianista. A súa produción para este instrumento é a parte máis descoñecida do seu catálogo e representa unha parte esencial do patrimonio cultural galego no eido musical. Xunto con Javier Ares Espiño, encargaranse das interpretacións Jorge Briones Martínez e Pablo Diago Busto, todos eles con sólidas traxectorias artísticas e consolidados como referentes na recuperación e posta en valor da música galega dos séculos XIX, XX e XXI. Os concertos do mes de outubro comezarán o vindeiro sábado día 11 no Liceo de Ourense (19,30 horas).
A Filmoteca de Galicia está a documentar centos de horas de vídeos de acontecementos históricos dos anos oitenta, procedentes do fondo depositado na cinemateca da Xunta polo produtor coruñés Xosé Xoán Cabanas Cao. O volume deste arquivo é moi amplo, cunha cifra próxima ás 400 horas de material entre as algo máis de 180 horas de vídeo dos seus 300 traballos finalizados e un cómputo superior ás 200 horas en brutos adscritos a estas producións. Os contidos pertencen a diversas produtoras e abranguen pezas de toda índole, tanto de ficción como documental, pero é neste último apartado no que o fondo destaca pola súa singularidade histórica dentro do panorama audiovisual galego dos anos oitenta.
Tivo lugar hoxe a presentación de 'Ser humanos', de Pilar Casal, coa que acadou o XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega. Pilar Casal, é funcionaria de profesión, licenciada en dereito e ten colaborado con diversas iniciativas de creación en materia de artes vivas. Ademais, é filla de Benxamín Casal, galeguista histórico, director da Editorial Galaxia e unha figura central do galeguismo. A nova edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio xa está convocada. Poderán presentarse traballos ata o 15 de novembro, aínda que a decisión do xurado darase a coñecer en decembro.
A programación de outubro da Filmoteca de Galicia prestaralle unha especial atención á figura do cineasta Travis Wilkerson no marco da súa habitual colaboración co Festival Internacional de Cine da Coruña Intersección. O artista estadounidense visitará a cidade os días 3 e 4 de outubro para presentar dúas destas sesións dedicadas á súa obra. A cinemateca galega avanzará, ademais, no ciclo dedicado ao realizador francés Maurice Pialat, será unha das sedes do festival Animacción e mostrará a restauración dos arquivos da produtora coruñesa Espello Vídeo Cine correspondentes á década dos 80. Estas actividades centran a próxima carteleira mensual, que tamén celebrará o Día do Cine Español coa proxección o día 7 de El inquilino, de José Antonio Nieves Conde (versión restaurada).
O festival de danza e artes do movemento 6coreógrafas celebrará a súa quinta edición os días 3 e 4 de outubro na Estrada para conformar cunha ampla programación de espectáculos e actividades formativas que consolidan o encontro como un referente desta disciplina escénica en Galicia. Baixo a dirección da coreógrafa e bailarina Paula Quintas, o festival comezará o 3 de outubro cunha nova sesión do ciclo de conversas Entre formas e palabras, na Casa das Letras. A cita enmárcase no programa itinerante deseñado e organizado conxuntamente pola Xunta e a Fundación Paideia Galiza co obxectivo de impulsar o talento e a profesionalización do sector.
Foi inaugurada a “unión artística” de Jaione Camborda, Max Estebam e Joan Fontcuberta na experiencia inmersiva 'Percepción e incerteza', coa que o Centro Galego de Arte Contemporánea arranca a súa programación de outono. Trátase dun diálogo entre tres grandes creadores actuais que traballan coa imaxe en movemento desde perspectivas moi distintas, pero das que son nomes referentes. Cada unha das pezas dos tres artistas aborda os conceptos de percepción e da incerteza desde canda súa disciplina. Deste xeito, Jaione Camborda afonda no universo dunha persoa xordocega en relación coas posibilidades e contradicións do mundo cuántico.
« Anterior | 11  de  290 | Siguiente »

Notas cultura

Cun panel sobre perspectivas históricas comezou a terceira edición do Coloquio Internacional en Estudos Literarios, que se prolongará ata mañá na Facultade de Filoloxía e Tradución, organizado polo Programa de Doutoramento Interuniversitario en Estudos Literarios das Universidades de Vigo e da Coruña, o Grupo de Investigación BiFeGa e a Cátedra Internacional José Saramago da Universidade de Vigo e coordinado polo docente e investigador Burghard Baltrusch, director do grupo BiFeGa.
O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) volve este mes de outubro e faino cumprindo a maioría de idade, celebrando a súa XVIII edición. Nesta ocasión, os principais escenarios da cidade acollerán dez sesións nas que se poderán ver un total de 14 representacións de compañías principalmente galegas pero tamén foráneas. Un ano máis, o campus volve a ser unha das entidades que apoian o certame e que tamén acolle parte da súa programación.
A investigación e a produción artística combínanse nos dous proxectos galardoados na quinta edición dos Premios Crea, dirixidos a recoñecer estudos, publicacións e obras creativas adscritas ás liñas de investigación do proxecto de especialización do campus pontevedrés. Promovidos polo Campus Crea co apoio da Deputación de Pontevedra, trátase duns premios con dúas categorías.
A partir do mércores, Compostela acolle unha nova edición de Mover os Marcos, o encontro xeracional que combina diálogo social e propostas culturais en directo para a mocidade. Ao longo das tres primeiras xornadas, as conversas serán as protagonistas. O Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá mesas ao redor de temas como a lingua, o ecoloxismo, as migracións ou os dereitos. Doutra banda, o mércores e o xoves a Igrexa da USC acollerá concertos falados de Hugo Guezeta e Alana. O Festival culminará o sábado cunha xornada ateigada de programación na Casa das Máquinas.
O Xurado dos XIV Premios Rebulir da Cultura Galega fixo público o seu veredicto, destacando nesta edición a contribución de referentes da música, das artes escénicas, da comunicación e da emigración á posta en valor da cultura galega. A gala de entrega celebrarase o sábado 20 de decembro, ás 19:00 horas, no marco do Festival Internacional Rebulir (FIR_2025), no Complexo Rogelio García Yáñez de O Picouto, Ramirás.
A USC bota a andar unha nova edición do seu Outono Cultural cunha ampla programación que abrangue música, teatro, danza, mostras, faladoiros, cursos ou propostas audiovisuais, entre outros contidos. A oferta de actividades diríxese ao estudantado da USC pero tamén están abertas ao conxunto da cidadanía. O 1 de outubro o público poderá coñecer de preto a traxectoria de Hugo Guezeta a través dun concreto falado, nunha sesión conducida por Rodri Míguez.
La evolución de la enseñanza en Ortigueira entre 1800 y 2000 ya cuenta con una crónica definitiva. El pedagogo e investigador José Manuel Suárez Sandomingo (Ortigueira, 1959) presenta su nuevo libro, una investigación exhaustiva que revela, entre otros hallazgos, que el municipio llegó a registrar un porcentaje de población universitaria superior a la media nacional. Este logro fue posible gracias al impulso de academias privadas que, durante décadas, suplieron la ausencia de oferta pública en educación secundaria.
Santiago acollerá do 1 ao 4 de outubro unha nova edición de 'Mover os Marcos', con conversas, música e espectáculos en directo, concertos falados, humor e cuestionamento social. A situación da lingua, o discurso ecoloxista, as identidades ou a vivenda serán algunhas das temáticas destas xornadas de encontro xeracional. A oferta complementarase con propostas culturais como break dance, podcast en vivo, presentacións pechacucha e concertos de bandas galegas.
'A primeira edición foi unha combinación interesante de actividades para o alumnado da Facultade, se cadra, penso que este ano o que máis destaca é o esforzo que fixemos por acercarnos a cidadanía en xeral con actividades como andainas literarias, clubs de lectura, cine… ', detalla María Méndez, que colabora na organización da II Semana Internacional das linguas, as literaturas e a tradución, que se desenvolverá entre os días 22 de setembro e 3 de outubro.
'Agardo que sexa unha exposición incómoda, que a persoa visitante marche da exposición removida por estas imaxes que falan de distintos tipos de abuso, pero sobre todo dos máis próximos a nós'. Así explicaba a artista Amabel Míguez de la Sierra o obxecto da súa exposición ‘Abuso’, que se pode visitar na Igrexa da Universidade ata o 31 de outubro. A exposición inaugurouse esta mañá nun acto no que a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, salientou os tres roles 'que aparecen claramente na montaxe: a seguridade ou inocencia coa que vivimos, o abusador e a persoa cómplice'.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES