
O secretario xeral da Lingua, Valentín García participou hoxe na presentación de Ser humanos, de Pilar Casal, coa que acadou o XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude enxalzou o galardón como referente da creación e a divulgación crítica, amena e de calidade de temas de actualidade, ademais de salientar o emprego do galego como lingua de divulgación. No caso concreto da obra gañadora desta edición, destacou a súa capacidade de abrir o debate, diálogo e reflexión sobre un tema tan actual como é o noso papel individual e social no mundo globalizado e interconectado no que convivimos.
Ao respecto, Valentín García compartiu co xurado, composto por Grial Parga, Rocío Carolo, Marta Neira, Marcos Calveiro e Armando Requeixo, o alto valor desta obra polo carácter actual e humanista, nunha sociedade na que nos é imprescindible a convivencia coas novas tecnoloxías". Así mesmo, gabou a achega deste ensaio por apoiarse en textos de autoridades diversas, desde os máis clásicos ata os máis actuais. Ademais, amosouse convencido de que, a raíz deste traballo, abrirase un diálogo frutífero respecto ás novas tecnoloxías e desde un tratamento tan necesario como é a transversalidade.
En canto á autora gañadora, Pilar Casal, é funcionaria de profesión, licenciada en dereito e ten colaborado con diversas iniciativas de creación en materia de artes vivas. Ademais, é filla de Benxamín Casal, galeguista histórico, director da Editorial Galaxia e unha figura central do galeguismo.
Nova convocatoria
Cómpre lembrar que a nova edición do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio xa está convocada. Poderán presentarse traballos ata o 15 de novembro, aínda que a decisión do xurado darase a coñecer no mes de decembro. Os orixinais deben ser inéditos e escritos en lingua galega, ademais o autor ou autora non pode ter sido distinguidos nas últimas cinco convocatorias do certame.
O Premio, que vai xa pola súa vixésimo quinta edición, convócase a través do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, en memoria do escritor e filósofo Ramón Piñeiro, na tradición do pensamento literario e o xénero de ensaio.
Neste senso, o certame acóllese ao espírito que inspirou a traxectoria deste intelectual, figura central do galeguismo, coa intención de impulsar as formas de creación e expresión do pensamento libre e democrático, a precisión e o estilo da lingua galega, o debate e a reflexión arredor dos temas varios do noso tempo.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.