
Na dirixida ás iniciativas do persoal docente e investigador, o xurado decidiu premiar Retrato de familia, un proxecto no que a artista e profesora da Facultade de Belas Artes Mar Caldas reflexiona sobre súa historia familiar para denunciar a violencia exercida pola ditadura franquista. Por outra banda, o galardón da modalidade destinada ás propostas do alumnado foi para Letting the Painting Fall / Deixar a Pintura Caer, un proxecto expositivo no que o estudante de doutoramento de Belas Artes Carlos Fer reflexiona sobre os modos de presentación dunha pintura, convertendo a gravidade nunha técnica pictórica.
Estes premios contan cunha dotación económica de 1500 e 750 euros, respectivamente, e serán entregados o 14 de novembro na Escola de Enxeñaría Forestal, no marco da Xornadas de Investigación do Campus Crea.
Un proxecto que conecta a traxectoria artística e vital
En xaneiro deste ano, o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) centraba na obra de Mar Caldas a exposición que cada no dedica a artistas galegos de media carreira e para a que a docente do Departamento de Pintura realizaba o proxecto expositivo premiado nestes galardóns. Non obstante, recoñece, Retrato de familia é o resultado de moitos anos de traballo", nos que se combinan a investigación e o facer artístico", nun proxecto "que tomou moitísimas formas, máis aló desta exposición. De feito, o seu punto de partida é o filme 12 de maio de 1937, data na que foi fusilado o seu avó materno, José Caldas, dirixente sindicalista da UGT e edil socialista en Vigo.
Presentado como un exercicio de posmemoria, esta película viuse logo continuada por outras propostas como a acción 12 de maio, 86 cabodano, que a artista levou a cabo na rúa onde vivía a súa familia no cabodano do asasinato do seu avó, empregando unha fotografía familiar como pano de fondo sobre o que se retrataron as e os seus descendentes. Os resultados desta iniciativa presentáronse na mostra que Caldas protagonizou no CGAC, xunto a propostas como unha colaxe de 17 metros conformada mediante a ensamblaxe de fotografías e documentos daquela época; ou Sementes, unha peza que parte do álbum familiar para vincular a memoria democrática cos traballos silenciados das mulleres, así como outras obras formuladas como un recoñecemento a mulleres pertencentes a familias represaliadas tras a sublevación militar de 1936.
De aí que Caldas amose a súa satisfacción coa concesión deste premio, non só polo recoñecemento en si, senón porque lle fose outorgado a un proxecto fundamental na miña traxectoria, tanto vital como artística. De feito, esta liña de traballo continúa dando lugar a novos proxectos que conectan a memoria familiar e a memoria democrática, recoñece Caldas, quen neste mes de outubro presentará 12 de maio de 1937 en Cuba, convidada pola Cátedra Honorífica Marta Arjona da Facultadede Artes de Conservación do Patrimonio Cultural da Universidad de las Artes.
Deixar caer a pintura
Investigador predoutoral do grupo dx5 (digital & graphic art research), Carlos Fer recibiu con moita ilusión e moita alegría o recoñecemento que o xurado destes Premios Crea outorgaba a un proxecto expositivo que no mes de febreiro presentaba na Sint-Lukas Gallery de Bruxelas e que é a súa vez constitúe unha parte moi importante da miña tese de doutoramento. A súa investigación, explica, céntrase no pregue na pintura contemporánea, en afondar neses procesos que fan que o soporte pictórico colla corpo, rachando coa bidimensionalidade. No marco dunha estadía financiada coas axudas de apoio á etapa predoutoral da Xunta de Galicia, Fer buscou afondar na idea da gravidade como técnica pictórica e a súa investigación deu como resultado unha serie de obras nas que, en lugar de colgar un cadro na parede, da forma tradicional, converte os dispositivos de exposición, como cravos ou marcos, en elementos que fan patente esa pegada da gravidade e que en vez de ocultarse, móstranse dunha maneira extravagante,sinala.
Neste punto, Fer destaca que con este proxecto intento evidenciar o cadro como obxecto na súa existencia física, xa sexa caendo ou resistíndose á súa caída, mediante artefactos complexos, que converten o acto de colgar unha pintura nun xesto rechamante. Alén da exposición que presentou en Bruxelas, este proxecto deu tamén lugar á publicación dun catálogo, financiado pola Xunta, mentres que unha das obras xurdidas desta parte práctica da súa investigación, Pintura Pechada III era coñecida recentemente co segundo premio no XVIII Certame de Artes Plásticas da Deputación de Ourense.
Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento. Na categoría Promociona para Entidades Privadas, resultou finalista a asociación APAMP e a súa marca A Casa Rodante; e no Promociona para Entidades Públicas, é candidata a Fundación Pública Artesanía de Galicia.
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou que a Xunta vai desenvolver o título II da Lei de Xuventude de Galicia' para mellorar a calidade dos servizos que se prestan á mocidade galega con medidas para 'incrementar o número de monitores nos campamentos ou flexibilizar os requisitos para poder exercer este traballo'. Así se recolle no proxecto de decreto co que se actualiza o segundo título desta normativa que foi avaliado hoxe no Consello da Xunta e que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia 'despois dun longo proceso de participación e diálogo cos axentes implicados' a través de distintos espazos de escoita activa.