Noticias

Unha intervención artística crea unha illa flotante de madeira na lagoa do xardín literario da Cidade da Cultura

A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe na Cidade da Cultura a intervención escultórica A auga é un intre que aprendeu a quedar, creada polo artista visual Diego Lara para a lagoa do Xardín Literario do Gaiás. Trátase dunha peza na que o artista se inspira da fugacidade, a permanencia e o vencello entre a natureza e o paso tempo para deseñar unha escultura flotante —unha illa de madeira en forma de espiral— que dialoga co movemento cíclico da auga deste espazo.

Tal e como explicou o representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, o proxecto foi seleccionado como gañador en 2025 da Convocatoria de Intervencións Artísticas en espazos naturais do Gaiás, desenvolvida ao abeiro do Encontro de Artes Novas e co apoio da Fundación Banco Sabadell. Neste senso, o director xeral de Cultura destacou que o proxecto aposte desde a súa propia concepción polo “emprego consciente de materiais orgánicos e locais e de técnicas artesanais de produción”. O representante da Xunta de Galicia salientou ademais a integración paisaxística da instalación nos propios espazos naturais do Gaiás, fomentando unha arte “inclusiva e sen barreiras para todos os públicos”, ao apelar á contemplación do movemento, á escoita da auga e ao diálogo sensorial coa arquitectura e a natureza.

A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame (Salvaterra do Miño), contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo.

Diálogo entre patrimonio natural e cultural

A auga é un intre que aprendeu a quedar parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana. A auga preséntase como materia fundacional e elemento de reflexión sobre a relación das persoas coa súa contorna, buscando activar a conciencia sobre o territorio común como espazo de encontro, memoria e responsabilidade compartida.

No Xardín Literario do Gaiás, a auga que agroma entre as físgoas da pedra e do terreo converte o lugar nun territorio que convida a deterse, contemplar e escoitar o ruxir da vida que emerxe. No seu movemento cíclico, a escultura flotante camúflase na contorna e revélase como un espello do transcorrer do tempo, que reflicte tanto a fugacidade como a permanencia.

A iniciativa continúa a consolidar a aposta da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude por levar a arte aos espazos exteriores e zonas verdes da Cidade da Cultura. Ao longo dos últimos anos, incorporáronse precisamente ao Xardín Literario do Gaiás a pirámide Deixa aquí os medos, da artista Alicia Framis; ou o conxunto escultórico Metáforas: pegadas dun percorrido, de Alexandra R. Rey e Thomas Apostolou, mentres que o Bosque de Galicia sumou intervencións escultóricas de Manolo Paz, Francisco Leiro, Acisclo Manzano e Ramón Conde.

Diego Lara

Diego Lara (Madrid, 1993) desenvolve unha práctica artística entre o escultórico, o procesual e o natural, investigando os límites do debuxo expandido, as técnicas tradicionais e a materia a través de procesos ligados ao territorio e á memoria ecolóxica, así como materiais orgánicos, escultura, instalación e traballo de campo para explorar formas de coexistencia entre o humano e o non humano. A súa traxectoria conta con premios e bolsas como a residencia de Acción Cultural Española (AC/E) e Domaine de Boisbuchet (Francia, 2025), o Concurso de Intervencións Artísticas do Encontro de Artes Novas (Santiago de Compostela, 2025) ou a XXXVII Edición Circuitos de Artes Plásticas (Madrid, 2026).

R., 2026-11-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-sabemos.jpg) A Xunta de Galicia vén de poñer en marcha 'Aquí Sabemos', unha nova identidade destinada a dar maior visibilidade aos produtos agroalimentarios galegos que contan con distintivos de calidade diferenciada. A iniciativa agrupa baixo unha mesma imaxe as denominacións de orixe (DO), as indicacións xeográficas protexidas (IXP), a Artesanía Alimentaria e a Agricultura Ecolóxica, co propósito de facilitar o seu recoñecemento por parte dos consumidores e reforzar a súa presenza no mercado. A nova marca nace como unha ferramenta común de promoción, que mantén os nomes de cada certificación, así como as súas características e garantías específicas, integrándose nunha identidade compartida que pretende amosar a diversidade e riqueza do sector agroalimentario galego.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) A instalación, que permanecerá na lagoa ata o 2 de maio de 2026, está realizada con madeira autóctona de castiñeiro e empregando técnicas tradicionais de carpintaría náutica. A obra recupera así saberes vencellados á arquitectura popular e á construción naval galega. A produción da mesma foi realizada pola empresa galega Casabio Timber Frame, contando coa colaboración de Jaime Pareja Arquitectura no seu proceso de deseño estrutural e adaptación ao terreo. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida nacida da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana.

Notas

O Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Barrié presentaron o ALGa dixital, unha nova plataforma web que pon ao alcance da comunidade investigadora e universitaria e da cidadanía en xeral unha parte substancial dos materiais do Atlas Lingüístico Galego (ALGa). No acto participaron a reitora da USC, Rosa María Crujeiras; a directora da Fundación Barrié, Carmen Arias; a directora do Instituto de Lingua Galega (ILG), Elisa Fernández, e o director do proxecto, o profesor Xulio Sousa.
A Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, principal infraestrutura de investigación do Centro de Investigación Mariña da UVigo, acolle as V Xornadas Internacionais de Xenética en Acuicultura, un encontro que reúne especialistas de España e Iberoamérica para analizar os principais desafíos da acuicultura desde unha perspectiva que integra a innovación, a biodiversidade e o benestar animal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES