Noticias

'Nicasso' chega ao Centro Galego de Arte Contemporánea para ofrecer unha mirada crítica sobre Picasso

O Centro Galego de Arte Contemporánea inaugura hoxe Nicasso, unha mostra que ofrece unha mirada crítica e irónica sobre as diversas lecturas que se fixeron da obra de Picasso desde a cultura popular. Trátase dunha exposición que amosa o traballo feito polo artista Carlos Pazos no que toma como referencia a famosa cerámica de Vallauris, localidade onde o artista malagueño se instalou entre 1948 e 1955 producindo unha extensa obra, para crear o esquema dun escaparate comercial. A peza, que se poderá contemplar ata o vindeiro 8 de febreiro, incide en cuestións relacionadas co consumo masivo e o desgaste estético das formas.

Pazos busca así remarcar dúas ideas contraditorias: o universal recoñecemento da xenialidade de Picasso e as contraditorias opinións que segue suscitando o resultado da mesma. Cómpre lembrar que a obra exposta, pertencente aos fondos propios do CGAC formou parte da mostra A sombra da historia, organizada neste museo no ano 2006.

De xeito paralelo á inauguración, o museo acollerá esta tarde unha conversa entre o artista Carlos Pazos, o comisario da exposición e director do CGAC, Santiago Olmo, e o director do museo Picasso de Barcelona, Emmanuel Guigon. Será a partir das 19,00 horas con entrada de balde.

R., 2025-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES