
O 28 de outubro, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo desenvólvese un novo Eccontro de Lúa Chea. Nesta ocasión porase o foco en Queixería Bisqato e Tofu Landeira. A partir de experiencias persoais e profesionais dos seus responsables, conversarase sobre os desafíos que supón a creación de proxectos agroalimentarios de valor engadido.
Na mesma xornada, ás 19.30 horas, a Casa do Saber acolle a proxección de 'Los ilusos 13+13', filme dirixido polo cineasta Jonás Trueba.
A divulgación científica protagoniza o ciclo Ciencia e cañas, que o 29 de outubro, ás 18.00 horas, chega á Sala Galeno da Facultade de Veterinaria.
Finalmente, Visións de cine: onde empezan as historias con Pepe Coira, Andrés Goteira , Adra Pallón e Clara Coira chega o 31 de outubro á Casa do Saber, ás 11.30 horas.
Prazos
Ademais, aínda é posible inscribirse no V Certame de paisaxe sonora, VIII Certame de videocreación e na Orquestra e coro da USC.
Mostras
En Compostela e ata o 31 de outubro pode visitarse a mostra A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926 que alberga o Salón Artesoado do Colexio de Fonseca, así como a exposición 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', na Igrexa da Universidade ata o 20 de novembro.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.