Notas de prensa

A programación cultural da UVigo achega a Pontevedra os grupos folk Caldo e Abril

A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.

En ambos casos, trátanse de actuacións con entrada de balde e apertura de portas ás 20.00 horas, que enmarcan na nova edición dun ciclo protagonizado por grupos emerxentes e pola música feita en Galicia. Música para reCREAr insírese no obxectivo da Vicerreitoría de desenvolver unha programación aberta a toda a cidadanía e de dar visibilidade ao papel que xoga a cultura no proxecto de especialización Campus Crea.

Dúas bandas recoñecidas nos Premios Martín Códax

O primeiro destes concertos terá como protagonista o trío que integran Anaïs Barbier, María Jorge e Pedro Fariñas, que valéndose de voz, violín e guitarra “achegan unha nova dimensión á música tradición oral galega, xerando contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos”, segundo recolle o seu texto de presentación. Tras presentar en 2019 o seu disco homónimo, gravado ao vivo, a proposta sonora de Caldo era recoñecida en 2020 nos Premios Martín Códax da Música, na categoría de música folk, así como co Premio Fran Pérez ‘Narf’. Xa en 2023, a formación estreaba o seu segundo álbum, Lugar A Ponte, unha proposta “íntima, moderna e potente”, sinalan, “coa que consolidan a súa sonoridade, engadindo novas texturas e atmosferas aos seus instrumentos”, facendo de Caldo “unha das bandas imprescindibles para entender a renovación e a posta en valor da música tradicional galega”.

O 12 de relevo, chegará a quenda de coñecer o proxecto musical que impulsan Claudia Abril, á voz e pandeireta, e Marina Carpente, ao violín. Presentada como “unha das propostas emerxentes máis destacadas do folk contemporáneo”, Abril presentaba neste 2026 o seu primeiro disco, Medrar, co que foron recoñecidas co Premio Martín Códax ao mellor proxecto folk. “Abril é tradición renovada, sons de raíz en harmonía co presente”, sinala o texto de presentación deste dúo.

Universidade de Vigo (UVigo), 2026-10-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (museo_do_pobo_galego_2.jpg) Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

O concerto de Sofía Ros na Casa do Saber do Campus de Lugo este luns, 26 de outubro, ás 20.15 horas, abre unha nova semana ateigada de citas culturais na USC. Música, diversos faladoiros, así como proxeccións audiovisuais integrarán os vindeiros eventos do Outono Cultural. Ese mesmo 26 de outubr,o no Pazo de Montenegro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase o primeiro dos encontros 'Memoria democrática'. María Valcárcel, profesora da USC e periodista cultural, é a persoa coidadora deste proxecto. O acceso require inscrición previa.
A música folk será neste 2026 a gran protagonista do ciclo Música para reCREAr, que a Vicerreitoría do campus promove coa colaboración do Concello de Pontevedra, ao abeiro dun convenio de colaboración. Esta programación botará a andar este xoves 29 de outubro, ás 20.30 horas, no Pazo da Cultura, cunha actuación do grupo Caldo, mentres que o 12 de novembro, á mesma hora, poderá coñecerse o proxecto musical do dúo Abril.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES