
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu esta tarde no Museo do Pobo Galego á inauguración da exposición Transfronteiriza, da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027.
A mostra parte do documental Mulleres da Raia, da mesma autora e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal.
En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Neste contexto, o director de Turismo de Galicia destacou a contribución de iniciativas como esta para poñer en valor a identidade transfronteiriza e os recursos turísticos e culturais asociados ao río Miño e ás comunidades históricas de ambas marxes.
Así mesmo, subliñou o importante aporte de propostas culturais como esta para a dinamización do turismo e a captación de públicos diversos, ao incentivar ás persoas a visitar as cidades dos lugares onde se exhiben e favorecer o descubrimento do seu patrimonio e a súa oferta cultural.
En 2025, o turismo cultural atraeu a Galicia arredor de 825.000 turistas, que xeraron máis de 4,1 millóns de noites, o 10,7% do total. O gasto asociado a esta modalidade alcanzou os 460 millóns de euros, cun gasto medio diario de 111,7 euros por persoa, fronte aos 65,9 euros da media nacional.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.