
Para Murias esta mostra, coa que arranca o período expositivo do Outono Cultural, é 'unha aposta moi acaída nestes tempos de abuso'. A creadora presenta, nesta ocasión, unha obra de 21 pezas en papel, maioritariamente debuxo, en ocasións de gran formato, que lle permite combinar unha técnica tan basal como é o debuxo cun tratamento temático e compositivo orixinal.
"A sociedade actual parece rexerse pola lei do abuso, que se manifesta en situacións de todo tipo que non sempre son entendidas como extralimitación ou exceso. A reflexión de Amabel Míguez colle forma nesta ocasión nos máis evidentes abusos á infancia, ás veces pouco disimulados nas relacións de poder ou mesmo sexuais, así coma nos sociais que xorden en ocasións aparentemente pouco comprometidas como unha voda. O abuso aí xa non é un protagonismo persoal senón que resulta excesivo no propio tratamento da situación.
Os excesos celebrativos que hoxe en día padece a sociedade deste tempo resultan completamente abusivos para quen os padece de maneira directa, pero tamén para aqueles que quixeran participar da mesma celebración e quedan excluídos pola súa situación social e económica: un abuso in absentia", explica.
Amabel Míguez, nunha senda ás veces perturbadora, irónica e pouco amable que pode recordar a Paula Rego ou á artista chinesa Yu Hong, pon en evidencia as contradicións sociais que se esconden nun comportamento visto como socialmente correcto e plausible.
A mostra pode visitarse de luns a venres en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.