//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Fundación Galicia Europa estudou a situación dos intereses da nosa comunidade perante a Unión Europa, no marco da reunión do padroado da Fundación Galicia Europa, tanto das negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027 como do Brexit. No seo da reunión foron analizadas tamén as negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027, xa que o Goberno galego segue traballando o para que a nosa comunidade siga percibindo as axudas europeas que lle corresponden no vindeiro período orzamentarios e que se teñan en conta as nosas especificades no reparto dos fondos comunitarios. Ademais a Fundación seguirá moi de preto o proceso do Brexit xa que Galicia pode verse afectada.
Galicia volveu ser no mes de maio a comunidade autónoma que mellor paga as súas facturas, segundo reflicte o último informe sobre Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda. O período medio de pago en Galicia reduciuse a 15 días, o máis baixo de toda España, mentres que a media autonómica situouse nos 33,5 días. Os datos oficiais da Administración do Estado mostran tamén que este indicador en Galicia mantívose 15 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. En canto á débeda comercial, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia de novo como a comunidade con menor débeda comercial de España.
O Plan de Dinamización das 5 denominacións de orixe do viño de Galicia reforzará a imaxe e a promoción dos viños galegos, ademais de potenciar o seu vínculo co rural. Será unha estratexia común e coordinada que atenderá ás particularidades específicas de cada denominación e reforzará a súa relación co sector turístico aproveitando os recursos do noso patrimonio cultural, natural e paisaxístico. Para contarase con todos os axentes do sector consellos reguladores, rutas dos viños, viticultores, adegas, investigadores, sector da restauración, entre outros- para acadar esta folla de ruta, que permitirá manter os estándares de calidade, seguir impulsando a internacionalización, incrementar o tamaño das adegas e abordar a remuda xeracional.
A xornada " Desenvolvemento do cooperativismo leiteiro galego: Paquete Lácteo" reuniu a preto de medio centenar de profesionais do sector leiteiro. Os principais eixos temáticos da xornada xiraron en torno á PAC, ao Paquete lácteo, ás Organizacións de Produtores, as Interprofesionais e a Mesa do Leite e ao uso dos antibióticos. O primeiro relatorio, de Higinio Mougán,director-xerente de AGACA, destacou que se prevé que a nova PAC dará importancia aos obxectivos de desenvolvemento sustentable relacionados cos plans nacionais integrados de enerxía e clima e de control de contaminación atmosférica, relacionados entre outras cousas, con emprego de xurros e fertilizantes e redución de emisións de gases.
O número de fogares galegos que chegan con algunha dificultade a fin de mes baixou no segundo trimestre do ano ata o 34,5%, o que supón o mellor resultado de toda a serie histórica e un descenso de nove puntos respecto ao trimestre anterior (43,6%), segundo recolle a última Enquisa conxuntural a fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE). Pola contra, os fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade aumentaron no segundo trimestre ata acadar o 65,5%. Este é igualmente o mellor resultado de toda a serie histórica, que comeza no ano 2010. Ata agora, este indicador só superara a barreira do 60% nunha ocasión, no segundo trimestre do ano 2018.
Galicia segue reducindo o paro a nivel anual e mensual confirmando a tendencia de baixada do desemprego e de creación de postos de traballo dos últimos meses. De feito, posiciónase no último ano como a Comunidade na que máis baixa o paro, superando ao Estado en máis de catro puntos (Galicia:-8,71%; España: -4,63%). Na evolución anual, o paro baixa en 14.816 persoas, é dicir, nun -8,71%, o que supón que Galicia xa suma seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de xuño. Ademais, a cifra sitúa á Comunidade galega en niveis de paro inferiores aos de hai unha década. A creación de emprego, ademais, continúa en crecemento. A Comunidade volve a superar o millón de cotizantes á Seguridade Social, situándose en 1.025.192, a cifra máis alta desde agosto de 2010.
Na actual convocatoria 2014-2020, estanse a desenvolver 80 iniciativas que contribuirán a dinamizar a Eurorrexión como xa o fixeron outros proxectos máis alá dos Poctep, entre os que destacan: a interconexión dos servizos de emerxencia e a coordinación dos 112 a ambos lados; o programa de mobilidade universitario Iacobus; a cooperación en materia sanitaria, coordinando e facilitando o acceso a servizos especializados nos centros de referencia das comarcas fronteirizas; os avances e melloras no Camiño Portugués a Santiago; e a posta en marcha da estratexia Ris 3 Conxunta, a primeira presentada por unha eurorrexión.
O endebedamento da Comunidade Autónoma de Galicia ao peche do primeiro trimestre situouse no 18,3% do PIB, segundo os datos do Banco de España, que volve ratificar que Galicia é unha das comunidades autónomas a quinta con menor endebedamento, 6,1 puntos menos que a media. Galicia conseguiu reducir nove décimas o seu endebedamento sobre o primeiro trimestre de 2018, que era do 19,2%. En canto á evolución trimestral, o aumento de tres décimas respecto á ratio do cuarto trimestre de 2018 (18,0%) débese á que Galicia concentrou nos primeiros meses deste ano a maior parte das emisións de débeda e dos ingresos do Fondo de Facilidade Financeira de todo o exercicio, ao igual que sucedeu en anos anteriores.
Ponse en marcha da Axenda de Impulso da Industria Forestal 2019-2021 co fin de modernizar o tecido empresarial deste sector; estimular a demanda e fomentar a utilización da madeira nas novas construcións e contribuír á creación dunha sociedade sustentable, baixa en carbono e baseada no emprego verde e no consumo de produtos locais. A Axenda da Industria Forestal contará cun investimento de 54 millóns de euros que prevé mobilizar máis de 125 M. En concreto, destinaranse 14M á formación, 8M a configurar un ecosistema de innovación, 1M á valoración e á cooperación e 31M á competitividade e á diversificación. No que respecta a súa elaboración, este plan conta coa participación das asociacións do sector forestal.
No marco do Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia (FEDER Galicia) 2014-2020 aprobáronse ata o pasado 31 de decembro máis de 2.000 operacións por un importe de 683 millóns de euros, o que supón case o 60% do total programado, que son 1.142 millóns. Así se puxo de manifesto na reunión que celebrou en Santiago o comité de seguimento do programa operativo de FEDER Galicia, onde se deixou patente que co desenvolvemento destas actuacións se está consolidando o progreso autonómico cun modelo de crecemento intelixente, sustentable e integrador, en liña coa Estratexia Europa 2020.
A algo máis de dez días de iniciarse o evento, o número de ofertas de traballo confirmadas é de 210. Como novidade, a edición deste ano incorpora un servizo de co-working para empresas.
O presidente da Xunta asistiu ao acto de entrega de premios ao éxito empresarial en Galicia onde afirmou que Galicia foi pioneira en España nas políticas de austeridade e defende que aforro é riqueza. Pon de relevo o gran capital humano de Galicia e aposta por cooperar, innovar e traballar.
O presidente da Xunta viaxa a Uruguai, Arxentina, Brasil, Colombia e posiblemente Venezuela, para afondar nas relacións comerciais e económicas co fin de buscar novas oportunidades de negocio para Galicia. Di que a internacionalización é a chave para a recuperación máis rápida da economía galega.
Economía e Industria respalda o mantemento do emprego en Sargadelos co impulso ao seu plan de expansión comercial e máis de 1.300.000 euros de financiamento.
Feijóo presenta a experiencia galega como base para afirmar que a España das autonomías é viable, fiable e necesaria a través dun "modelo no que se fan ben as cousas, no que a autonomía non é un símbolo para alardear, senón un compromiso coa eficiente xestión dos servizos públicos.
O presidente da Xunta asistiu ao Acto de Presentación do Fondo de Capital Riesgo CRB Bio II ao que valora como un novo fondo con empresas galegas baseado na aposta dun novo modelo de crecemento económico.
Asegura que valores como a solidariedade, a axuda mutua, a responsabilidade compartida, a equidade ou a igualdade, asociados ás cooperativas, han de ser promovidos e apoiados desde os poderes públicos en todo momento. Lembra que existen máis de 1.100 cooperativas en Galicia que superan os 88.000 asociados e que anualmente se crean entre 40 e 50 novas cooperativas cun número de socios novos de arredor de 1.500 cada ano.
O presidente da Xunta di que o desbloqueo da segunda convocatoria do Innterconecta supón 150 millóns de euros para a innovación e que se mobilice toda a capacidade de fondos europeos aos que ten dereito a comunidade, o que supón un fito desde o punto de vista do esforzo orzamentario.
O conselleiro de Educación asegurou na xornada Cultura e Responsabilidade Social Empresarial quee entende as estratexias culturais enmarcadas nesta responsabilidade como unha oportunidade para a creación de emprego e o desenvolvemento social.
Núñez Feijóo asegura que a Xunta ten actuado en todas as frontes nos últimos anos para mellorar o atractivo turístico de Galicia, coa ordenación do territorio, na promoción e comercialización, na mellora na xestión e na lexislación e destaca que Galicia é foi a primeira "que puxo en marcha o Plan de Formación para a Excelencia Turística.