O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a necesidade de apoiar o cooperativismo debido á súa importancia crecente en todos os sectores de actividade, por ser unha fórmula empresarial capaz de crear emprego en todos os ámbitos da actividade económica e por ter demostrado unha mellor residencia fronte á crise. Así o asegurou esta tarde, durante o acto de inauguración do Encontro Internacional Cooperativo, que se está a desenvolver en Santiago.
Segundo o presidente o cooperativismo é unha fórmula moi propicia nos momentos de dificultade económica e moi interesante nos momentos que estamos a vivir. O responsable autonómico lembrou como a ONU declarou este ano como o Ano das Cooperativas e sinalou a importancia deste modelo económico que conta con 800 millóns de socios e máis de 100 millóns de empregos a nivel mundial. Así, destacou a importancia desde o punto de vista económico, desde o punto de vista social e desde o punto de vista de emprego desta fórmula de crear riqueza que se traslada a moitos lugares del mundo.
Debo dicir que Galicia non é allea a esta importancia crecente do cooperativismo en todos os sectores de actividade, asegurou Feijóo, lembrando valores como a solidariedade, a axuda mutua, a responsabilidade compartida, a equidade ou a igualdade, asociados ás cooperativas, son valores que han de ser promovidos e apoiados desde os poderes públicos en todo momento. E moito máis apostilou-, nun contexto de dificultades como o actual.
Son valores que esquecemos en moitos momentos da nosa economía e que hoxe botamos de menos. O presidente advertiu que se eses valores estiveran presentes no momento do quecemento da economía, hoxe non estariamos na situación na que nos atopamos. Deste xeito, Feijóo agradeceu o traballo dos cooperativistas e animounos a seguir creando emprego e riqueza, que son os sustentos do benestar e que o benestar é sen dúbida algunha, a clave dunha sociedade moderna.
Feijóo exemplificou a importancia das cooperativas en Galicia lembrando que existen máis de 1.100 cooperativas activas que superan os 88.000 socios (o que supón que existan cooperativas en 1 de cada 11 fogares galegos), que anualmente se crean entre 40 e 50 novas cooperativas (en 2010 creáronse 43 novas cooperativas e en 2011, 48), cun número de socios novos de arredor de 1.500 cada ano.
É innegable, polo tanto, o impacto que as cooperativas teñen en calquera tecido produtivo e é por isto polo que, desde a Xunta de Galicia argumentou-, somos conscientes da necesidade de apoiar este tipo de iniciativas. Neste sentido, lembrou que o Executivo autonómico aposta polas cooperativas con apoio económico, mediante diferentes liñas de axuda que contan con un orzamento total de 4,5 millóns de euros en 2012; con asesoramento e acompañamento, mediante a posta en marcha da Rede Eusumo, unha iniciativa que promove a información e a formación para o autoemprego colectivo, así como a divulgación dos beneficios do cooperativismo e na que se teñen investido 300.000 euros en 2012; e coa mellora do marco lexislativo, coa reforma de Lei de Cooperativas, aprobada no Parlamento de Galicia o pasado mes de decembro. Unha reforma, lembrou para superar o texto de 1998 e adaptarse á nova realidade dun contorno competitivo e global.
Buscar a internacionalización e demostrar que Galicia é solvente e inspira confianza
Precisamente o carácter global das relacións comerciais actuais é o que obriga a considerar que o éxito dos proxectos empresariais depende hoxe, en grande medida, de cómo se adapten ao seu contorno de clientes e competidores, máis alá do mercado doméstico. Por iso, afirmou Feijóo, o propio carácter internacional deste encontro de cooperativas é a proba de que, cada vez máis, todos nos demos conta de que se non se atende á exploración doutros mercados máis alá das nosas fronteiras; se non se tenta aprender das experiencias doutros países; ou se non se tentan establecer alianzas con empresas doutros países será moito máis difícil afrontar o futuro.
A innovación e a internacionalización resultaron dúas ferramentas fundamentais para afrontar con maior tenacidade e con mellores resultados a crise que nos axexa. A este respecto, o presidente lembrou que Galicia é a comunidade con menos déficit público do conxunto de España, durante o ano 2009, durante o ano 2010 e durante o ano 2011.
Nesta liña, o presidente da Xunta remarcou que Galicia está facendo un esforzo no sentido de estreitar lazos co exterior, por un lado, tentando axudar ás empresas galegas a mellorar a súa presenza exterior e aumentar as súas exportacións; e, por outro, traballando para ser unha comunidade solvente e que inspire confianza, para lograr que así se consoliden investimentos doutros países.
O presidente insistiu nos valores das cooperativas que comparte o Goberno da Xunta. Os cooperativistas sempre encontrarán na medida das nosas posibilidades, non só un aceno ás súas expectativas senón tamén a axuda que podamos outorgar de acordo coas nosas capacidades orzamentarias. Feijóo dirixiuse a aquelas cooperativas do resto de España e de países que nos visitan para asegurar que Galicia é un lugar apropiado para investir a pesar de la situación económica que vivimos.
Unha alianza entre o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e as compañías Naturgy InnovaHub e Flythings Technologies desenvolverá unha plataforma enerxética que transformará residuos en produtos de alto valor engadido. Neste caso transformaranse residuos como lodos de depuradora, restos orgánicos e biomasas, en produtos de alto valor engadido como biocombustibles (hidrochar e biometano) e vectores enerxéticos sostibles (hidróxeno e syngas). Para iso, a nova unidade mixta combinará distintas tecnoloxías e incorporará sistemas híbridos de almacenamento con baterías e supercondensadores, ademais de empregar ferramentas como Internet das cousas, os xemelgos dixitais e a aprendizaxe automática.