Notas de prensa

O campus universitario de Santiago, escenario en setembro do Festival Internacional Compostela Street

O Campus Sur da USC será entre os días 19 e 21 de setembro o escenario do Festival Internacional Compostela Street, un dos encontros de cultura urbana e deportes extremos con maior impacto no Estado. O evento enmárcase na programación de benvida que a USC lle ofrece cada comezo de curso ao seu estudantado, e brinda os seus espazos para ser punto de encontro deportivo e cultural da mocidade, onde se xuntarán preto de 500 persoas.

Os participantes tomarán protagonismo nas diferentes probas internacionais, estatais e autonómicas de ata 10 disciplinas urbanas, como o Street Workout (campionato internacional), Breaking (campionato de España e Final da Liga Galega), Skate ou Basket 3×3.

Ademais das competicións deportivas, a programación inclúe gran variedade de propostas culturais como concertos de música urbana, certames de Beatbox (Open Nacional), Freestyle (Open Gallego) e exhibicións de Street Art, además de una zona de talleres (Kids Área) y parques urbanos (Open Park Área) abiertos a la participación, donde se instalará una pista PumpTrack (para BMX, Skate, Roller y Scooter), un Parkour Park o una Jaula de Street Football.

En canto á oferta de lecer, o evento terá outros servizos como un Street Studio (estudo de gravación e produción musical), unha Street Barber, unha zona gastro con Foodtrucks e un Street Market que estarán situados no perímetro do estanque do campus, próximo ás pistas deportivas.

Os detalles do festival, que será de entrada libre, presentáronos este xoves no Campus Sur a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández; a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Lara Meneses Álvarez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a tenente alcalde e concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude do Concello de Santiago, María Rozas Pérez, e Pablo Castiñeira, de Vella Escola, representante da organización.

A vicerreitora destacou o lugar onde de desenvolverá este festival, o campus sus da Universidade compostelá, “un nodo de referencia para toda a cidade e que supón tamén un espazo de apertura á cidadanía e ás institucións”.

Ademais da USC, neste festival participan institucións como o Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2025-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES