Notas de prensa

Unha ducia de proxeccións somerxerán o público na 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo

Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.

A Semana inclúe ademais a estrea mundial o 5 de novembro da peza galega, producida polo Consello Social, o CIM e a Vicerreitoría de Extensión da UVigo, O bosque do carrumeiro de Xaime Beiro, Silvia Iglesias e Jorge Martínez, que achegará o público a gran diversidade dos bosques de algas pardas das augas galegas.

Na presentación da 34 edición do certame, a vicerreitora de Estudantes e Vida Universitaria, Dolores González, referiuse ao certame como un exemplo do carácter aberto da UVigo e da súa responsabilidade de compartir o coñecemento coa sociedade. “Tras 34 anos de actividade, a Semana de Cine Submarino non só mantén a atracción, senón que segue a medrar”, dixo a vicerreitora, que agradeceu a colaboración de Afundación e invitou á cidadanía “que vive cara o mar a coñecelo e coidalo”.

Pola súa banda, Cristina Iglesias, coordinadora adxunta de sedes de Afundación, referiuse á sostibilidade como un dos eixos clave da obra social e agradeceu que a UVigo conte con eles para a organización da Semana, que este ano concentrará as proxeccións para uns 320 escolares o dia 3 de outubro cunha sesión dedicada ás producións galegas.

Un percorrido polos mares do mundo e as súas ameazas

Dhanguethi. Recordos de Alif Daaal de Jorge Martínez Vázquez e Tesoros del Caribe de Ana Salceda, que será a convidada á charla posterior ás proxeccións, abrirán a edición deste ano da Semana de Cine Submarino da UVigo. Logo de mergullar ás e aos espectadores nas correntes cheas de vida da illa de Dhangethi en Alif Dhaal, o nome maldiviano co que se coñece o sur do atol de Ari, proxectarase Tesoros del Caribe, da cineasta e xornalista viguesa Ana Salceda. Unha longametraxe centrada no descubrimento dun arrecife de coral en Belice e Guatemala, maior ca illa de Manhattan, e que marca un novo capítulo na comprensión dos corais e peixes que o habitan e na conservación destes ecosistemas en todo o mundo.

Nominada a dous premios Emmy, Ana Salceda dirixe a iniciativa Big Fish, que reúne máis de 50 socios, para continuar convertendo en ciencias historias que cambian políticas en EEUU ou Europa a través de campaña que lograron fitos como o recoñecemento dos dereitos territoriais indíxenas no Darién panameño; a ampliación das reservas mariñas no mar de Cortés ou a protección da Corona Caimán, un arrecife transfronteirizo no golfo de Honduras.

O mércores 4 de novembro será o día do desembarco do Ciclo Internacional de Cinema Submarino de Donostia-San Sebastián (Cimasub) na Semana de Cine Submarino da UVigo. Norway, welcome to the darkness de Sonja Bader, que guía ao espectador nunha aventura de apnea e mergullo con tubo con encontros con candorcas e xibardos; a curtametraxe musical The Tiny Wonders of Anilao Philippines 2025 de Valera Sakhnenko; O reto dos lixos mariños de Sara Lizarra que afonda na crecente ameaza dos residuos plásticos nos océanos; e Shark Preyed de Marco e Andre Spinelli, que revela o lado oculto do comercio de carne de quenlla entre Italia e España, son algunhas das proxeccións previstas para o segundo día do certame. O catedrático de Ecoloxía da UVigo Ricardo Beiras será o convidado nesta xornada. Experto internacional en contaminación mariña, coordina actualmente Labplas, un proxecto europeo con socios de oito países, centrado na redución das emisións de plástico de orixe terrestre ao medio ambiente.

O catedrático da UVigo e codirector da Semana, Jesus Souza, destacou na presentación do certame a calidade das pezas e dos e das protagonistas dos coloquios posteriores, ao tempo que puxo o acento na importancia de pezas como afondan nos problemas que afectan ao medio mariño, como os plásticos, “que dan ganas de chorar en moitas zona do planeta que están moi tocadas”, dixo.

Para pechar, unha estrea mundial producida pola UVigo

O derradeiro día da Semana, dedicado ás producións galegas, comezará coa proxección das curtametraxes A lamprea de mar no río Miño, de Manuel E. Garci; Baixo as augas da Mariña, Ortegal de Carlos Gil Fernández; e O regreso dos xigantes: rorcuais no Atlántico galego de José Irisarri e Jorge Martínez Vázquez. A sesión completarase coa estrea mundial de O bosque de carrumeiro de Xaime Beiro, Silvia Iglesias e Jorge Martínez, unha viaxe submarina de 30 minutos para descubrir a riqueza dos bosque de algas xigantes, filmada integramente na costa galega para poñer en valor a rica biodiversidade que agochan estas augas e a necesidade de coidalas.

“O bosque de carrumeiro foi producido co apoio do Consello Social, o CIM e a Vicerreitoría de Extensión da UVigo e achéganos a gran diversidade que agochan os bosques de algas pardas e os comportamentos nunca visos de os animais que os habitan”, dixo a directora do CIM e codirectora da Semana, Elsa Vazquez, que destacou o “emocionante que resulta este traballo, mesmo para xente que levamos anos practicando mergullo”.

Os tres autores de O bosque de carrumeiro, Xaime Beiro, Silvia Iglesias e Jorge Martínez, serán os protagonistas do coloquio posterior ás proxeccións.

Universidade de Vigo (UVigo), 2026-10-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES