
Segundo se recolle no informe do departamento sanitario galego, a taxa de consultas por gripe aumentou un 8,3 % respecto da semana anterior, ficando en 14,3 consultas por 100.000 habitantes.
Por grupos de idades, o aumento da taxa produciuse en todos os grupos de idade con excepción do de 80 e máis anos, no que diminuíu un 37,8 %. O grupo que observou un maior incremento foi o de 0 a 4 anos. No que se refire ás áreas sanitarias, a de Lugo foi a que rexistrou a maior taxa de consultas.
Respecto da covid, a taxa de consultas mantívose estable, sendo dun 21 % por 100.000 habitantes. Por grupos de idade, observouse un aumento da taxa nos grupos de 0 a 4 anos e de 5 a 19, mentres que no resto diminuíu e permaneceu estable. O grupo que presentou un maior número de consultas foi o de maiores de 80 anos, con 36,7 por cada 100.000 habitantes. Por área sanitaria, a taxa de consultas aumentou unicamente na área sanitaria da Coruña e Cee e na de Ferrol. A área coa maior taxa foi a de Ourense con 30,8 consultas por 100.000 habitantes.
Taxa de ingresos con patóxeno confirmado
O número de ingresos por gripe notificados, ata a semana que rematou o 25 de outubro, é de 132 persoas (129 con virus do tipo A). Na semana 43 a taxa de ingresos foi de 1,5 ingresos por 100.000 habitantes, lixeiramente superior á da semana anterior. O grupo de idade que presentou a taxa máis elevada foi o de máis de 80 anos con 8,1 ingresos por 100.000 habitantes e a área coa maior taxa foi a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos con 4,9 ingresos por 100.000 habitantes, se ben nesta área a taxa descendeu un 41,0 %.
Pola súa banda, a taxa de ingresos da covid descendeu de 5,9 a 3,9 ingresos por 100.000 habitantes. A taxa mantívose estable en todos os grupos de idade, agás no de 0 a 4 anos e no de 5 a 19. O grupo que presentou a maior taxa de ingresos foi o das persoas maiores de 80 anos con 20,4 ingresos por 100.000 habitantes. No que se refire ás áreas sanitarias, a taxa de ingresos descendeu en todas as áreas con excepción da de Santiago. A área coa taxa máis elevada foi a de Ourense con 5,6 por 100.000 habitantes.
Polo que respecta á positividade do virus da covid, esta foi do 15,6 %, o que supón un descenso respecto da semana anterior (17,7 %).
A Xunta iniciou a campaña de vacinación nas residencias de maiores e nos centros de discapacidade o 28 de setembro, e segue a desenvolver o seu plan de vacinación coa inmunización infantil nos centros de saúde e nos 75 colexios integrados no programa piloto, así como para o persoal sanitario, que comezaron, en ambos os casos, o pasado martes 13 de outubro.
Así mesmo, a semana pasada iniciou tamén a vacinación do grupo de persoas de 70 ou máis anos e do persoal dos servizos de emerxencias sanitarias.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.