Notas de prensa

Máis de 200 investigadores afondan no 8º Annual Meeting do CINBIO nas novas ferramentas para a medicina do futuro

230 investigadoras e investigadores noveis e experimentados participan estes xoves en venres no museo Marco de Vigo no 8º Annual Meeting do CINBIO, Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina da Universidade de Vigo. Baixo o lema 'Nanotechnology & Biomedicine: where science meets the future', o persoal investigador compartirá os seus coñecementos en ámbitos como a química, a física, nanotecnoloxía e saúde, co obxectivo de visibilizar as novas ferramentas para a medicina do futuro.

Precisamente, a mutidisciplinariedade de ámbitos de traballo das e dos participantes foi a circunstancia á que se referiron na inauguración do encontro o director do CINBIO, Miguel Correa; o membro do comité organizador do Annual Meeting, Stefanos Mourdikoudis e a decana da Facultade de Química, Ángeles Peña. “Gozade do evento e da cidade”, dixo Correa aos participantes dunha xuntanza que “é unha mestura entre química, bioloxía, física, enxeñaría…. Esta variedade de campos de traballo representa ben ao CINBIO”, sinalou o director do centro que destacou a importancia desta mestura de coñecementos para facer que as cousas funcionen.

Pola súa banda, a decana da Facultade de Química da UVigo, Ángeles Peña, referiuse as posibilidades que a exploración da interconexión entre diferentes ámbitos de traballo achega ao persoal investigador novo e ao experimentado de diversas disciplinas. “Estou segura que o intercambio de ideas xerará novas perspectivas e traerá interesantes colaboracións”, dixo Peña, mentres que desde o comité organizador do Annual Meeting Stefanos Mourdikoudis agradeceu a participación do persoal investigador e a súa diversidade.

Ponencias, charlas curtas e paneis

A investigadora Annemiek van Spriel da Universidade Radboud (Países Baixos), foi a encargada de ofrecer o primeiro relatorio da reunión, logo da presentación da catedrática de Inmunoloxía da UVigo África González, titulado Tetraspanins: Molecular Organisers of the Immune Cell Surface. Pola súa banda, Clement Sánchez, director do Laboratorio de Química da materia condensada na Universidade Pierre y Marie Curie (Sorbonne Université-UPMC), será o encargado de abrir a sesión do venres coa ponencia Integrative chemistry of functional nanostructured and hierarchically structured inorganic and hybrid materials.

As e os relatores e panelistas, boa parte deles persoal investigador da Universidade de Vigo (especialmente do CINBIO) e doutros centros de investigación de Vigo (IEO-CSIC, IISGS) e outras institucións de Galicia (USC, IDIS, UDC); así como de Portugal (INL, Universidade de Minho, Universidade de Porto),centran as súas achegas á reunión nas dúas grandes áreas de investigación do CINBIO: os nanomateriais e a biomedicina.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES