Notas de prensa

Feijóo viaxa a Latinoamérica para afondar nas relacións comerciais

O presidente da Xunta viaxa a Uruguai, Arxentina, Brasil, Colombia e posiblemente Venezuela, para afondar nas relacións comerciais e económicas co fin de buscar novas oportunidades de negocio para Galicia. Di que a internacionalización é “a chave para a recuperación máis rápida da economía galega”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inicia unha viaxe dunha semana por Uruguai, Brasil, Arxentina, Colombia e posiblemente Venezuela, que ten como principal obxectivo afondar nas relacións comerciais e económicas entre Galicia e Sudamérica. Segundo expresou na rolda de prensa tras a reunión do Consello da Xunta, a viaxe ten como finalidade “insistir na actividade comercial e económica que ten que levar a cabo o Goberno da Xunta”. “Ou nos movemos, ou vendemos fóra, ou teremos máis dificultades dentro”, subliñou o presidente, que lembrou o compromiso do Goberno galego para “buscar novas oportunidades de negocio e buscar novas oportunidades Pemex de Galicia nos países que vamos a visitar, que representan o 65% do Produto Interior Bruto de América Latina”. Para Núñez Feijóo, nun momento no que o principal mercado galego –que é o mercado español interno- está nunha situación de recesión “a internacionalización e unha chave para a recuperación máis rápida da economía galega”.

Durante a súa estadía en Sudamérica, Feijóo manterá encontros principalmente de carácter empresarial, tanto con empresariado autóctono que poda estar interesados en investir en Galicia, como con emprendedores galegos afincados neses países. A axenda do presidente completarase con actos de carácter institucional e encontros coa colectividade galega “por cuestións obvias como presidente da Xunta”. Alberto Núñez Feijóo recalcou que os Sudamérica “é un destino no que Galicia vai apostar, está apostando e apostará nos próximos anos, porque é algo fundamental para a nosa internacionalización”. “Son os grandes países dese continente onde están as grandes oportunidades para que os emprendedores galegos atopen novos mercados”.

Balance Pexga

Precisamente o presidente galego referiuse ao balance da rede de Plataformas empresariais no exterior de Galicia (Pexga) posto en marcha pola Xunta que, no que vai de ano, facilitou 3.100 servizos ou intermediacións entre empresas dos países onde están ubicadas e os emprendedores galegos. Segundo dixo, advertiuse un “peso especial” no mercado sudamericano e, máis concretamente, en Colombia, México e Sâo Paulo (Brasil). “Estas son as oficiñas que reflexan unha maior actividade comercial e en intermediación, o que nos permite falar xa da implantación de algunhas empresas galegas a través destas oficiñas do sector da enxeñeiría, da consultoría, da formación, da construción ou das novas tecnoloxías”.

Galicia leva dous anos de crecemento sostible nas exportacións e cun superávit na balanza comercial que se multiplicou por tres en 2011 con respecto a 2010. “A nosa é a segunda maior balanza comercial de España”, dixo o presidente, quen insistiu no compromiso do Goberno galego co impulso das exportacións que se materializa en accións concretas como a lei de política industrial para facilitar os investimentos de compañías estranxeiras ou nacionais en Galicia, o plan Foexga e a mencionada rede Pexga.

No caso concreto das Plataformas Pexga, Feijóo sinalou que a súa actividade “acredita que co mesmo diñeiro que o Igape destinaba na anterior lexislatura ás oficiñas no exterior, con ese mesmo diñeiro, estamos incrementando dunha forma substancial os contratos e as intermediacións de empresas galegas no exterior”. Lembrou o acordo co ICEX (do Ministerio de Economía) e coas embaixadas do Ministerio do Interior para poñer a disposicións de empresarios e cámaras de comercio espazos axeitados en caso de que o soliciten. Así mesmo anunciou a apertura de oficiñas en Nova Iork, Londres, Estambul e Tanxe, das cales, “algunhas xa están abertas na actualidade”, matizou o presidente.

Cómpre salientar que a rede de Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia (Pexga) posta en marcha pola Xunta de Galicia ten como obxectivo impulsar a estratexia de internacionalización das empresas galegas. Actualmente existen 14 plataformas empresariais localizadas nos mercados de interese prioritario para o tecido empresarial galego. Por iso, na axenda desta viaxe do presidente da Xunta teñen unha especial importancia os encontros empresariais enmarcados dentro desta Plataforma. Así, Feijóo manterá xuntanzas de traballo dos Pexga en Buenos Aires, en Sâo Paulo (Brasil) e en Bogotá (Colombia).

Programa da viaxe

Alberto Núñez Feijóo chegará mañá a Montevideo, onde manterá unha xuntanza de traballo con membros da Asociación de Empresarios Galegos de Uruguai (AEGU) e, posteriormente, ten previsto reunirse co presidente da República Oriental do Uruguai, José Mujica Cordano. Na xornada do sábado o presidente da Xunta, acompañado polo ministro de Industria, Enerxía e Minaría de Uruguai, Roberto Kreimerman, visitará o Dique Galictio, na área do Cerro do porto de Montevideo. Galictio é unha sociedade formada por catro empresas do naval de Ferrolterra que, grazas a un acordo co Goberno uruguaio, está desenvolvendo un contrato coa empresa Tiferey para a construción de barcazas no antigo estaleiro militar de El Cerro. O acordo contempla a construción de tres barcazas para o transporte fluvial de madeira por medio da naviera Montes de Plata.

Posteriormente, o domingo trasladarase á capital Arxentina, onde, ademais de reunirse coa colectividade galega neste país, presidirá un acto da Plataforma Empresarial de Galicia en Buenos Aires (Pexga) xunto coa Asociación de Empresarios Gallegos en Buenos Aires.

Cómpre salientar que a rede de Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia (Pexga) posta en marcha pola Xunta de Galicia ten como obxectivo impulsar a estratexia de internacionalización das empresas galegas. Actualmente existen 14 plataformas empresariais localizadas nos mercados de interese prioritario para o tecido empresarial galego. Por iso, na axenda desta viaxe do presidente da Xunta teñen unha especial importancia os encontros empresariais enmarcados dentro desta Plataforma. Así, ademais do citado encontro co Pexga de Buenos Aires, Feijóo tamén manterá xuntanzas de traballo do Pexga en Sâo Paulo (Brasil) e en Bogotá (Colombia).

Durante a súa estadía de dous días no Brasil, o presidente galego estará o luns en Río de Janeiro onde, entre outros actos, reunirase coa Asociación de Empresarios Gallegos de Río de Janeiro. O martes, día 17, Feijóo viaxará a Sâo Paulo onde se entrevistará co gobernador do Estado de Sâo Paulo, Geraldo Alckmi, e co prefecto do citado Estado, Gilberto Kassab. Na súa axenda tamén figuran encontro empresarial organizado pola Plataforma Pexga de Sâo Paulo.

O mércores, día 18, Alberto Núñez Feijóo viaxará a Bogotá para reunirse co presidente da República de Colombia, Juan Manuel Santos e, posteriormente, participará nun encontro empresarial impulsado pola Pexga da capital colombiana.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES