Noticias

A Fundación Galicia Europa prioriza para o segundo semestre deste ano a promoción do Xacobeo 2021, a negociación do novo marco orzamentario e a situación do Brexit

A Fundación Galicia Europa estudou a situación dos intereses da nosa comunidade perante a Unión Europa, no marco da reunión do padroado da Fundación Galicia Europa, tanto das negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027 como do Brexit. No seo da reunión foron analizadas tamén as negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027, xa que o Goberno galego segue traballando o para que a nosa comunidade siga percibindo as axudas europeas que lle corresponden no vindeiro período orzamentarios e que se teñan en conta as nosas especificades no reparto dos fondos comunitarios. Ademais a Fundación seguirá moi de preto o proceso do Brexit xa que Galicia pode verse afectada.

A Fundación Galicia Europa seguirá traballando arreo para seguir defendendo os intereses da nosa comunidade perante a Unión Europa, tal e como explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, no marco da reunión do padroado da Fundación Galicia Europa, tanto das negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027 como do Brexit.

No seo da reunión foron analizadas tamén as negociacións do marco financeiro plurianual 2021-2027, xa que o Goberno galego segue traballando o para que a nosa comunidade siga percibindo as axudas europeas que lle corresponden no vindeiro período orzamentarios e que se teñan en conta as nosas especificades no reparto dos fondos comunitarios. Ademais a Fundación seguirá moi de preto o proceso do Brexit xa que Galicia pode verse afectada.

Os membros do padroado tamén abordaron o traballo realizado durante o primeiro semestre de 2019, así como algunhas das liñas de actuación plantexadas para este segundo semestre, xa que unha das principais prioridades marcadas na folla de ruta da FGE é dar continuidade ao labor de promoción do Xacobeo 2021. Outra das prioridades será o apoio á participación galega na Semana Europea das Rexións e Cidades (EWRC 2019), que se celebrará en outubro na capital comunitaria. Este evento anual organizado polo Comité Europeo das Rexións e a Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea, reúne a máis de 6.000 asistentes e 600 relatores nun programa oficial con máis 300 actos sobre políticas rexionais e locais europeas no que a FGE participa organizando catro actos de entidades galegas. A participación da entidade na EWRC coincidirá, no tempo e no espazo, coa primeira das dúas edicións do seu programa TecEuropa de especialización en financiamento comunitario.

Balance actividades 2018

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, fixo balance das actividades desenvolvidas pola FGE durante o pasado 2018, remarcando especialmente o seu labor á hora de organizar e dar apoio ás 17 visitas oficiais a Bruxelas dos responsables galegos. A FGE tamén promoveu a participación galega en 10 foros de debate na capital europea, facilitando así mesmo, a asistencia dos membros galegos a 23 actos do Comité Europeo das Rexións, órgano da UE onde está representada Galicia xunto ao resto das rexións e municipios europeos.

O ano 2018 foi un curso intenso para a Fundación en canto a reunións políticas e técnicas de alto nivel, actividades formativas e negociacións coas institucións da UE e os diferentes axentes europeos; sobre todo no contexto de incerteza reinante ante a futura marcha do Reino Unido da Unión, unha marcha cuxo data final fixouse para o vindeiro 31 de outubro.

Para cumprir o seu principio fundacional de informar sobre a UE, a Fundación publicou 140 noticias no seu portal web (www.fundaciongaliciaeuropa.eu) ao longo de todo o ano, aumentando o número de usuarios nun terzo respecto ao curso anterior e chegando a preto de 100 visitas diarias. Jesús Gamallo subliñou como se fixo especial fincapé na información e concienciación sobre a saída de Reino Unido da UE ao poñer en marcha o Foro Galego do Brexit. De feito, celebráronse tres actos no marco deste foro para abordar as futuras repercusións do Brexit na economía galega e se lanzou un novo sitio web (brexitgalicia.eu) para recoller a actualidade e dar máis visibilidade á información sobre o proceso de saída británico da UE analizado desde unha perspectiva galega.

Así mesmo, Gamallo destacou como a comunidade virtual da FGE experimentou un incremento interanual dun 20% no referente aos seguidores nos seus perfís en redes sociais. Unha subida na que tivo incidencia a campaña de comunicación online lanzada pola FGE en febreiro co fin de mobilizar á poboación galega a votar nas pasadas eleccións europeas, a través dun concurso interactivo en redes baixo o título de #GaliciavotanaUE.

Desde o punto de vista formativo, ademais dos seis bolseiros que anualmente fan prácticas nas oficinas de Bruxelas e Santiago, a FGE organizou dúas novas edicións do seu programa de especialización en financiamento comunitario ‘TecEuropa’ nas que participaron 40 expertos e técnicos do sector público galego, organizando ademais dous cursos formativos no seo dos proxectos LIDERA e Eurocidade Chaves-Verín. Como apoio á participación galega en proxectos europeos, a FGE publicou no seu portal 45 resumos de convocatorias de proxectos europeos e 18 procuras de socios, acollendo na súa sede de Bruxelas cinco reunións de proxectos europeos con participación galega en ámbitos como a saúde, a formación, a dixitalización e a eficiencia enerxética.

R., 2019-07-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES