Noticias

O XIX FIV de Vilalba reunirá o vindeiro fin de semana a Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A., Ángel Stanich, Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ

O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana. A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado.

O FIV de Vilalba presentou a XIX edición do festival, que se celebrará os vindeiros 24 e 25 de abril, na delegación da Xunta en Lugo. O festival conta co apoio do Goberno galego a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo, ademais do patrocinio do Concello de Vilalba e a Deputación de Lugo. O FIV de Vilalba volverá reunir na localidade lucense unha programación destacada da escena independente e alternativa estatal, cun cartel no que figuran nomes como Carlos Ares, Alcalá Norte, La M.O.D.A. e Ángel Stanich, xunto a outras propostas moi presentes no panorama actual como Repion, Puño Dragón, Celia Becks, Futuro Alcalde, Grande Osso e Rapariga DJ. A boa resposta do público nas últimas semanas confirma, ademais, a gran acollida desta edición, coa previsión de que Vilalba volva encherse de ambiente festivalero a próxima fin de semana.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, destacou que o FIV de Vilalba é "un festival cunha identidade moi definida, cun público fiel que leva dez anos achegándose á Terra Chá para desfrutar da música". Subliñou que para a Xunta "é un pracer colaborar coa música e coa cultura, apoiando tamén os grupos galegos, especialmente aqueles menos consolidados". Neste sentido, puxo en valor que o FIV "combina bandas xa recoñecidas con artistas emerxentes, contribuíndo así ao desenvolvemento do tecido musical".

Arias engadiu que, neste ano previo ao Xacobeo, a Xunta reforza o seu apoio ao festival baixo o paraugas do programa Concertos do Xacobeo, como parte da súa estratexia de impulso á cultura e ao turismo en Galicia. Pola súa banda, Carlos Montilla agradeceu a colaboración da Xunta e quixo resaltar que "o FIV é un festival moi vinculado a Vilalba, que contribúe de maneira directa á súa dinamización". Sinalou tamén que cada ano "chega máis público de fóra de Galicia, o que repercute positivamente en toda a contorna da vila". Como novidade desta edición, destacou a incorporación dun espazo gastronómico no entorno do festival.

Un cartel que combina directos nocturnos e actividade diúrna

A programación do FIV de Vilalba desenvolverase entre o Escenario Vibra Mahou, o Escenario #Fiver by Lactalis e a Zona DJ, consolidando un formato que combina os grandes concertos nocturnos coa actividade diúrna do sábado e cunha proposta pensada para vivir o festival máis alá do recinto principal.

A primeira xornada, o venres 24, celebrarase no Escenario Vibra Mahou con apertura de portas ás 19.00 h. Futuro Alcalde será o encargado de abrir o programa ás 19.30 h, nun Concerto Vibra Mahou. A continuación actuarán Celia Becks, ás 21.00 h; Carlos Ares, ás 22.45 h; e Alcalá Norte, ás 00.30 h. A noite completarase coa sesión de Rapariga DJ na Zona DJ.

O sábado 25, o Escenario Vibra Mahou volverá abrir ás 19.00 h para recibir outra das grandes noites desta edición. Repion actuará ás 19.30 h e Puño Dragón subirá ao escenario ás 21.00 h. Xa no treito central da xornada, La M.O.D.A. ofrecerá un dos directos máis agardados do festival ás 22.45 h, mentres que Ángel Stanich pechará os concertos do escenario principal ás 00.45 h. Despois, Grande Osso prolongará a celebración na Zona DJ.

O sábado ao mediodía, música e participación no centro da experiencia

A actividade diúrna do festival concentrarase o sábado no Escenario #Fiver by Lactalis, reforzando esa dimensión aberta e festiva que distingue o FIV de Vilalba. A programación comezará ás 12.30 h coa actuación da Banda de Música de Vilalba, nun encontro que subliña tamén a conexión do festival coa contorna e coa identidade local.

A continuación, Grande Osso actuará ás 13.45 h e, xa ás 15.30 h, celebrarase FIV Stars | Karaoke con Esteban, unha das citas máis singulares e participativas desta edición, chamada a converterse nun dos momentos máis animados da fin de semana.

R., 2026-04-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES