Notas de prensa

Feijóo salienta a cultura da responsabilidade que practica a Xunta e compromete que Galicia seguirá sendo solvente el 2012

O presidente da Xunta asistiu ao acto de entrega de premios ao éxito empresarial en Galicia onde afirmou que Galicia foi pioneira en España nas políticas de austeridade e defende que “aforro é riqueza”. Pon de relevo o gran capital humano de Galicia e aposta por cooperar, innovar e traballar.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou a cultura de responsabilidade que a Xunta ven practicando nos últimos anos e comprometeu que Galicia seguirá sendo solvente en 2012, por cuarto ano consecutivo. Así o dixo o xefe do Goberno galego no acto de entrega de premios ao éxito empresarial en Galicia.

Feijóo afirmou que a Xunta pretende seguir “practicando a cultura de responsabilidade que nos levou a ser pioneiros en España das políticas de austeridade” e resaltou que o “aforro é riqueza” e que grazas a esa mentalidade “Galicia é a única comunidade que se axusta á estabilidade de presupostos desde hai tres anos e a primeira que se comprometeu a seguir sendo solvente e fiable no 2012”.

O xefe do Goberno galego sinalou que a actualidade económica reclama vontade económica dos cidadáns “pero tamén que o poder político cumpra a súa dobre obriga de tomar medidas para afrontar o contexto actual e de reparar inxustizas históricas, coma a ausencia da alta velocidade á nosa terra”. Engadiu que “a Xunta de Galicia non se conforma e intentou cumprir con esa obriga no pasado e quere facelo, tamén, no presente”.

O presidente da Xunta puxo de relevo o gran capital humano de Galicia, formado por galegos que están traballado en todos os sectores e que conseguiron unha posición e un prestixio “soñando, cooperando, innovando e traballando”. Ese será o obxectivo, engadiu, na viaxe que emprenderá nunhas horas “para reforzar as alianzas económicas e abrir novos vínculos con algúns dos principais mercados de Latinoamérica”.

Os premiados, exemplo e privilexio para Galicia

Por outra banda, o responsable autonómico expresou a súa gratitude aos oito premiados polo seu éxito empresarial en Galicia, que constitúen “un exemplo e un privilexio para o noso país” e achegan “autoestima colectiva”.

Nese sentido, indicou que unha das secuelas das turbulencias dos tempos que vivimos é a desconfianza do conxunto da sociedade, pero afirmou que “existe en Galicia, como no resto de España, unha sociedade sa” e puxo como exemplo a “Magín Froiz ou José María Otero, polo seu permanente compromiso social e económico coa nosa terra”. Tamén mencionou Estrella Galicia ou Rías Baixas como mostra de internacionalización, Gotas del Marqués como modelo de innovación, Bimba y Lola como exemplo de emprendemento e Marineda City como xerador de novas oportunidades de emprego, que revelan que a nosa “é unha sociedade capaz de edificar o futuro”.

Por último, celebrou que “tamén exista iniciativa pública disposta a fortalecer os cimentos, como demostra o premio ao Primeiro Tramo do AVE galego”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES