
O endebedamento da Comunidade Autónoma de Galicia ao peche do primeiro trimestre situouse no 18,3% do PIB, segundo os datos do Banco de España, que volve ratificar que Galicia é unha das comunidades autónomas a quinta con menor endebedamento, 6,1 puntos menos que a media.
Galicia conseguiu reducir nove décimas o seu endebedamento sobre o primeiro trimestre de 2018, que era do 19,2%. En canto á evolución trimestral, o aumento de tres décimas respecto á ratio do cuarto trimestre de 2018 (18,0%) débese á que Galicia concentrou nos primeiros meses deste ano a maior parte das emisións de débeda e dos ingresos do Fondo de Facilidade Financeira de todo o exercicio, ao igual que sucedeu en anos anteriores.
En todo caso, a previsión da Xunta é que este indicador seguirá baixando nos vindeiros trimestres, para que 2019 sexa o terceiro ano consecutivo no que Galicia logra reducir a súa ratio de débeda. En termos absolutos, a débeda total das comunidades autónomas situouse en 296.658 millóns, dos que 11.587 millóns o 3,9% do total- corresponden a Galicia.
No peche do primeiro trimestre, o endebedamento de Galicia é 6,1 puntos inferior á media autonómica, situada no 24,4%, e grazas a este mellor comportamento Galicia evitou na última década a emisión de máis de 3.800 millóns de euros de débeda. En todos estes anos, a Comunidade Autónoma cumpriu sempre o límite de débeda autorizado polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), e desde 2016 iniciou unha senda de redución do seu endebedamento que continuará nos vindeiros exercicios.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.