
Barreiras como as diferenzas nas normas profesionais, a burocracia excesiva ou os custos do comercio electrónico transfronteirizo. As rexións europeas solicitan un marco máis eficaz de vixilancia do mercado e unha mellor coordinación na aplicación das normas.
Neste sentido, o director xeral salientou que un mercado unificado, máis simple, fluído e forte ofrece importantes oportunidades para as empresas galegas, que poden acceder a un espazo comercial máis amplo e sen barreiras. Segundo Gamallo, isto suporía un acelerador para a competitividade, a innovación e o crecemento das empresas galegas, que poderían aproveitar e diversificar mellor as súas oportunidades de negocio. Ademais, estas melloras poderían situar Galicia como un destino máis atractivo para o investimento privado, concluíu o director xeral.
Galicia no Comité Europeo das Rexións
No actual mandato 2025-2030 do Comité Europeo das Rexións (CdR), Galicia participa na comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores (CIVEX) e na comisión de Política Económica (ECON). Esta última elabora ditames sobre economía, industria ou competencia, canalizando así a voz das rexións e municipios europeos en relación á política económica, industrial e comercial comunitaria.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, compareceu hoxe a petición propia no Pleno do Parlamento de Galicia para dar conta das preto de 700 medidas recollidas no novo Plan xeral de normalización da lingua galega. Fíxoo despois de que a maioría das formacións políticas con representación na Cámara galega chegasen a un acordo para enriquecer este texto froito do traballo de preto de dous anos feito por expertos con achegas de entidades, institucións e particulares. Neste senso, o responsable autonómico de Lingua agradeceu a colaboración e implicación de todos os profesionais que participaron, baixo a coordinación do académico Manuel González, na elaboración deste documento.