Notas de prensa

Feijóo asegura que as inversións en Galicia son un acerto no sector, no momento e nos resultados

O presidente da Xunta asistiu ao Acto de Presentación do “Fondo de Capital Riesgo CRB Bio II” ao que valora como “un novo fondo con empresas galegas baseado na aposta dun novo modelo de crecemento económico”.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, expresou a súa gratitude e apoio ao proxecto Fondo de Capital Riesgo CRB BIO II xa que “conseguir 30 millóns de euros que poden chegar ata 60 significa convencer a institucións públicas e europeas e significa convencer tamén a patrimonios nun momento no que teñen que priorizar máis que nunca as súas apostas e as súas inversións”. “Un novo fondo con empresas galegas baseado na aposta dun novo modelo de crecemento económico”, engadiu. Do mesmo xeito, transmitiu a súa seguridade de que unha inversión en Galicia é “un acerto no sector, no momento e seguramente nos resultados”.

O responsable autonómico amosou a súa satisfacción ante estas iniciativas que “animan as inversións e a capacidade instalada en Galicia e nesta provincia da Coruña para xerar confianza nuns momentos nos que non é só unha palabra senón tamén un valor en alza”.

O responsable do Goberno Galego expresou que “é unha boa noticia que haxa inversores coma os que están aquí dispostos a deixar pegada económica na nosa terra” e que tamén é un motivo de satisfacción para os inversores “ter a seguridade de que se trata dunha comunidade solvente e fiable, e máis nunha época como a que nos toca vivir”. Feijóo mostrou a súa convicción de que “a innovación e a internacionalización son as dúas chaves para que as comunidades autónomas resistan algo mellor a situación do mercado interno da economía española que arrastra xa un lustro de crise”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES