//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentaron hoxe un informe encargado á Asesoría Xurídica da Xunta, para aclarar se o Goberno central, pese a estar en funcións, ten que cumprir coas súas obrigas co financiamento autonómico e facer efectivas ás entregas a conta deste ano. Alfonso Rueda avanzou que a conclusión do informe dos avogados da Xunta é clara e sinala que o sistema de financiamento autonómico debe ser cumprido polo Goberno estatal con independencia de que estea ou non en funcións.
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 2% en taxa interanual no segundo trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 12.400 novos empregos asalariados a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico hoxe mostran que o PIB galego rexistrou no segundo trimestre un crecemento do 2% sobre o mesmo período de 2018, de xeito que acumula 23 trimestres consecutivos con taxas positivas. O crecemento trimestral sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, polo que a economía galega acumula 26 trimestres consecutivos con taxas positivas.
A Comunidade Autónoma de Galicia solicita que o Ministerio de Facenda convoque de xeito urxente e inmediato o Pleno do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), para solucionar os impagos que mantén o Goberno central coas administracións autonómicas, e que no caso de Galicia ascenden este ano a 700 millóns de euros. Galicia xa trasladou hai máis dun ano esta problemática á ministra de Facenda, e o Parlamento de Galicia cun amplo consenso e ningún voto en contra aprobou en xullo unha iniciativa para instar ao Goberno central a transferir estes recursos a Galicia.
132 empresas vanse beneficiar do programa de axudas á dixitalización da Industria 4.0. Este programa, cofinanciado entre o Igape e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comprenderá un investimento de preto de 2,30 millóns de euros. Estas axudas servirán para apoiar a adquisición de equipos e software, así como as colaboracións necesarias para a súa implementación, financiando proxectos colectivos de agrupacións, pemes e iniciativas promovidas a nivel individual. O obxectivo primordial destas axudas é mellorar o traballo das pemes nos mercados rexionais, nacionais e internacionais.
Estas accións enmárcanse na aposta que a Xunta está realizando pola dixitalización empresarial a través do desenvolvemento da Axenda Industria 4.0, á que destinará 350 millóns de euros ata 2022 co obxectivo de anticiparse aos cambios do novo modelo, aumentar o tamaño das empresas, favorecer a aposta polo talento dixital e contribuír á reinvención do tecido industrial galego e á súa especialización desde o punto de vista tecnolóxico. Deste xeito, seguirase afondando no impulso á xeración dun novo tecido empresarial competitivo na economía global e conectada, facilitando ademais a creación de 13.500 empregos industriais e a mobilización de 900 millóns de euros nos próximos catro anos.
Estas achegas teñen como finalidade desenvolver proxectos que dinamicen o rural galego, ben sexa a través de iniciativas de natureza produtiva, é dicir, que supoñan a realización dunha actividade económica, ou de carácter non produtivo, que sexan de interese público, social ou colectivo. Poden ser beneficiarios destas achegas calquera persoa ou entidade que solicitara dita subvención a través dun dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural que hai no territorio galego. Esta ampliación de crédito faise para poder dar resposta a un maior número de solicitudes presentadas que cumpran cos requisitos establecidos pola orde.
Profesionais 4.0 é un programa pioneiro co que se busca impulsar a Industria 4.0 a través da contratación de 140 mozos e mozas menores de 35 anos. O DOG publica hoxe a iniciativa destinada á especialización e o acceso ao mundo laboral dos menores de 35 anos con titulación universitaria ou de técnico superior de formación profesional (FP). A través desta liña de axudas dotada con dous millóns de euros, incentivarase a contratación e a formación destes profesionais por parte das empresas, autónomos con dous ou máis empregados e as asociacións, fundacións ou clústeres, para a realización de plans que garantan o seu avance competitivo no eido da Industria 4.0.
Galicia lidera en España a caída do paro na evolución anual e o incremento das afiliacións á Seguridade Social na evolución mensual en España. O paro continúa baixando en Galicia e as afiliacións crecendo na evolución anual e mensual. A Comunidade galega pechou o mes de xullo con 150.921 parados, a mellor cifra desde xullo de 2008, estando moi próxima á reflectida ao inicio da crise económica. Na evolución anual, o desemprego cae nun -7,64% (-12.491 persoas), baixando xa seis anos de xeito consecutivo, o que sitúa ao paro en Galicia en niveis inferiores aos de hai máis dunha década. Galicia é a comunidade na que máis baixa o paro en termos relativos e a cuarta en termos absolutos.
O custo laboral bruto en Galicia no ano 2018 representou o 90,04% da media española, o que supón o máximo nivel de converxencia de toda a serie histórica, segundo mostran os datos do Estudo sobre Salarios publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).As cifras do organismo estatístico da Comunidade Autónoma indican que, por primeira vez na historia, este indicador de converxencia superou en Galicia a barreira do 90% da media española. Ata agora, o nivel máximo de converxencia en custos laborais en Galicia co conxunto de España acadárase no ano 2017 (89,66%), pero nunca se conseguira superar o límite do 90%.
Galicia pechou o segundo trimestre do ano con menos paro, sendo a terceira Comunidade na que máis baixou o desemprego, tanto en termos absolutos como relativos. A taxa de paro, un 11,33%, é a máis baixa desde que comezou o Goberno de Alberto Núñez Feijóo, superando en 2,69 puntos á taxa media do Estado, que se sitúa no 14,02%. Rexístranse xa máis de cinco anos de baixadas de paro consecutivas na evolución anual con 34.600 parados menos que no segundo trimestre de 2008: a maior caída nun segundo trimestre desde 2005. Ademais, a caída experimentada en Galicia, do -19,77%, supera en 12,33 puntos á baixada media rexistrada en España.
O Instituto Galego de Consumo lembra aos afectados polas participación preferentes interesados en pedir información ou solicitar a vía da arbitraxe, que poden facelo nas oficinas do IGC galegas de A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; nas máis dun centenar de oficinas Municipais de Consumo de toda Galicia; e nas Asociacións de Consumidores da comunidade.
La Consellería do Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, elaborará una guía de servicios náuticos de nuestra comunidad e impulsará la creación del Clúster de la náutica recreativa de Galicia, como medidas prioritarias dentro del Plan Estratégico para el desarrollo del sector, elaborado por el ente público para el periodo 2012-2020.
A Escola Cooperativa Móbil da Consellería de Traballo e Benestar volverá no mes de outubro a percorrer diversos centros educativos de Galicia co fin de dar a coñecer as vantaxes do modelo cooperativo como saída laboral para sacar adiante proxectos emprendedores. Así, entre outubro e o mes de abril, a aula móbil achegarase a 1.600 estudantes de 25 centros distribuídos nas catro provincias.
A Deputación de Lugo destina unha partida de 100.000 euros neste ano 2012 a poñer en valor, difundir e mellorar a comercialización dos produtos autóctonos da provincia como unha vía para revitalizala economía luguesa, sobre todo na zona rural, e frear a grave perda de poboación que está a padecer.
Remarca que nos momentos de maior dificultade económica e de maior estreitez financeira decidimos capitalizar esta compañía e seguir no que, sen dúbida, é unha aposta por ir unindo o sector lácteo galego, tanto na produción como no valor engadido.
A Xunta de Galicia solicita que o asunto se tramite polo procedemento de urxencia de conformidade ao previsto no artigo 98.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia. Debatiranse tamén a Lei de Inclusión Social e a adaptación da norma sobre estabilidade e fomento da competitividade no emprego público.
O obxectivo é que ninguén pague máis do que corresponde, que se pague o xusto no momento de adquisición ou no momento de transmisión dunha vivenda en Galicia, asevera Feijóo.
Os empresarios mexicanos buscan en Galicia transferencia de coñecemento para impulsar o desenvolvemento industrial na área de Celaya, especialmente no sector da automoción. O director xeral do Igape, Javier Aguilera, mantivo un encontro cunha delegación da zona de El Bajío, no centro do país, interesada en colaborar con centros tecnolóxicos galegos.
Na presentación do Plan Estratéxico do Clúster Alimentario de Galicia aposta por unir esforzos e aproveitar a puxanza deste sector para xerar novas oportunidades de crecemento e emprego na comunidade.
O acordo, financiado con 94.000 euros bianuais, busca difundir o termalismo en mercados de proximidade e internacionais, así como para fomentar a investigación e o coñecemento da hidroterapia termal como remedio médico-terapéutico. O acordo inclúe a posta en marcha dunha central de reservas internacionais e redes sociais.