//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Foi presentado no Parlamento o límite de gasto non financeiro para o ano 2020, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 10.160 millóns de teito de gasto, cun aumento de 311 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 3,1%. Deste importe, 10.112 millóns de euros se corresponden con ingresos non financeiros, 68 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 20 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional. É primeira vez que a Xunta presenta un teito de gasto que supera a barreira dos 10.000 millóns de euros.
Acábase de crear a Rede de Comercios e Mercados no Camiño, unha iniciativa que permitirá potenciar as vendas do comercio de proximidade nos 138 concellos polos que transcorren as diferentes rutas de peregrinación ao tempo que servirá para mellorar os servizos que estes establecementos prestan aos peregrinos. Poden sumarse a esta Rede de xeito gratuíto tanto os establecementos comerciais como as asociacións de vendedores de prazas de abastos. Ademais, as agrupacións de comerciantes locais poderán solicitar a adhesión en nome dos seus asociados. Os establecementos que se adhiran á rede recibirán un pack de benvida con distintos elementos promocionais para os seus clientes e un distintivo identificativo para o local.
Galicia pechou setembro de 2019 con 9.336 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -5,61% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai unha década, xa que en setembro de 2009 había 200.456 parados fronte aos 156.984 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en case dous puntos á media estatal, situándose como a quinta Comunidade na que máis descende o desemprego. Por sexto ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de setembro que tamén baixou nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos e nos menores de 30 anos, mulleres e parados de longa duración.
Galicia sitúase como referente internacional no ámbito do equipamento de edificios de uso colectivo, con máis de 9000 proxectos realizados en 800 cidades de todo o mundo que levan a firma do contract galego. Forman parte do sector máis dun cento de empresas galegas que desenvolven a súa actividade en máis de cen países, facturando algunhas delas o 95% da súa produción fóra da Comunidade. Así, cadeas hoteleiras como Hilton, Four Seasons, ou o grupo Marriot, ou firmas do retail como Inditex, Dior, Chanel ou Loewe confían no contract galego para os seus establecementos.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no primeiro dos Venres Autónomos, encontros cos que se busca coñecer de preto a realidade deste colectivo e escoitar cales son as súas demandas
A Xunta de Galicia recibiu unha carta do Ministerio de Facenda na que se confirma que o Goberno central non vai pagar máis da metade da débeda que mantén coas comunidades autónomas, e que no caso concreto de Galicia ascende a uns 700 millóns de euros, 530 dos cales están incluídos nos Orzamentos para 2019. Esta é a primeira vez que neste 2019 o Goberno central se dirixe á Comunidade Autónoma para explicar a situación dos impagos que mantén con Galicia polo bloqueo dos ingresos procedentes do sistema de financiamento autonómico, unha situación que non ten precedentes e que afecta directamente a todas as comunidades de réxime común.
O programa de Unidades Formativas na Empresa é unha iniciativa pioneira que se enmarca na Axenda 20, a folla de ruta coa que o Goberno galego está impulsando o emprego estable e de calidade. Desde a súa posta en marcha en 2018, leva destinado preto de 12,7M para formar a 7157 persoas desempregadas e ocupadas a través de 690 unidades formativas co obxectivo de mellorar a competitividade empresarial, a cualificación dos traballadores, e a empregabilidade dos galegos e galegas. Ademais, este programa ten permitido a inclusión de 41 novas especialidades, a proposta das empresas, no catálogo formativo do Servizo Público de Emprego Estatal.
Galicia pechou o primeiro semestre cun déficit do 0,59%, un dato por debaixo da media autonómica, que foi do 0,63%, segundo recollen os últimos datos do Ministerio de Facenda, correspondentes ao mes de xuño. A nosa comunidade rexistrou en xuño un déficit de 387 millóns de euros, mentres que o déficit rexistrado polo conxunto das administracións autonómicas situouse en 7.938 millóns. Todas as comunidades autónomas de réxime común rexistraron déficit ao peche do primerio semestre, e Galicia é a sexta comunidade con menor déficit contable. Neste dato repercuten negativamente medidas adoptadas polo Goberno central que afectan directamente ás finanzas autonómicas.
Galicia e Polonia acordaron estreitar lazos de colaboración para converter este país nun destino prioritario de investidores galegos, nunha xuntanza do presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo coa ministra de Ciencia e Tecnoloxía polaca, Jadwiga Emilewicz. Polonia foi o ano pasado o oitavo destino mundial para os produtos galegos, con exportacións que aumentaron un 13% en 2018. Tanto a industria galega como a Xunta estamos poñendo todos os nosos esforzos en potenciar a innovación; é dicir, a colaboración entre empresas, os 28 centros tecnolóxicos galegos e as tres universidades, precisou Feijoo, aseverando que o obxectivo é establecer unha ponte entre os resultados da investigación científico-tecnolóxica e a industria que se traduza en novos produtos e servizos para o mercado.
Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixou o paro. Así, rexistrou no mes de agosto unha baixada do paro do -6,45% fronte ao -3,65% de España, é dicir, preto de tres puntos mellor. En Galicia, polo tanto, hai 10.604 desempregados menos que hai un ano, polo que o número de parados sitúa á Comunidade en niveis moi inferiores aos de hai unha década e próximos aos de antes do inicio da crise. Con respecto á evolución anual das afiliacións, con 1.036.900 de cotizantes, a Comunidade leva seis meses consecutivos por riba do millón e suma, no último ano, un total de 16.513 afiliados (+1,62%), o que supón unha media de 45 ao día.
Segue sendo necesario loitar por cambiar esta política letal para a maioría social e nesa loita está a folga xeral do 14 de novembro, dixo o portavoz nacional que transmitiu a solidariedade do BNG cos traballadores e traballadoras do xornal El País.
A Xunta valora o paso adiante da UE para que Galicia siga recibindo axudas comunitarias máis alá de 2014. A Presidencia chipriota refrendou a demanda galega de manter unha axuda transitoria para as rexións que abandonan o Obxectivo Converxencia.
Galicia defende a importancia da dimensión rexional no deseño das futuras redes transeuropeas do transporte nunha reunión en Valencia da Comisión COTER do Comité das Rexións Europeo (CdR) xunto con representantes da Comisión Europea e da Presidencia Chipriota do Consello.
O presidente da Xunta asegura que Galicia atende as súas facturas no entorno dos 45 días e que o pagamento a provedores foi un constante obxectivo durante toda a lexislatura, e que priorizou aos autónomos, PEMES e entidades sociais.
Sostén que coa creación da Axencia hai un triplo exercicio por parte da administración pública: un exercicio de austeridade e de simplificación administrativa; un exercicio de especialización; e un exercicio de coordinación.
O consello da Xunta autorizou un acordo mediante o cal, a Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación, e o Ministerio de Economía e Competitividade colaborarán na posta en marcha de actuacións estratéxicas no eido da I+D+i.
O titular da Xunta resalta que Galicia leva executado, xa, o 72% do total do seu Programa de endebedamento autorizado polo Ministerio de Facenda do Goberno central; 30 puntos máis que a media das comunidades.
O conselleiro de Economía e Industria salienta no Salón Internacional do Automóbil de Hannover que os novos modelos Partner Galicia e Berlingo Galicia, fabricados en Citroën de Vigo, supoñen un fito na promoción económica e turística internacional da comunidade.
O presidente da Xunta presenta o Plan Estratéxico do Clúster Saúde de Galicia e asegura que o esforzo de profesionais, cidadáns, institucións e empresas permite mellorar a eficacia da sanidade galega en tempos de crise, sen reducir a calidade dos servizos.
A Xunta de Galicia reitera ao comité de empresa Alcoa na Mariña que traballa sen dar pasos atrás para que se concrete unha tarifa eléctrica diferenciada que facilite o mantemento dos postos de traballo e a permanencia da factoría na comarca.