Noticias

O descenso do paro en Galicia supera en case dous puntos ao estatal e o número de afiliados segue por riba do millón por sétimo mes consecutivo

Galicia pechou setembro de 2019 con 9.336 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -5,61% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai unha década, xa que en setembro de 2009 había 200.456 parados fronte aos 156.984 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en case dous puntos á media estatal, situándose como a quinta Comunidade na que máis descende o desemprego. Por sexto ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de setembro que tamén baixou nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos e nos menores de 30 anos, mulleres e parados de longa duración.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos de paro rexistrado e destacou que Galicia está a consolidar o emprego creado nos últimos anos, xa que o desemprego na evolución anual continúa baixando, mentres que as afiliacións continúan medrando e volven situarse por riba do millón de cotizantes.

Deste xeito, Galicia pechou setembro de 2019 con 9336 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -5,61% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai unha década, xa que en setembro de 2009 había 200.456 parados fronte aos 156.984 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en case dous puntos á media estatal, situándose como a quinta Comunidade na que máis descende o desemprego. Por sexto ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de setembro que tamén baixou nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos e nos colectivos prioritarios para a Xunta: menores de 30 anos, mulleres e parados de longa duración. Neste sentido, a práctica totalidade das persoas que saíron do paro nos últimos doce meses eran desempregados de longa duración.

A secretaria xeral de Emprego tamén puxo en valor que as afiliacións seguen medrando en Galicia e suman 15.660 cotizantes máis –unha media de 43 ao día-, o que permite que Galicia encadee sete meses consecutivos por riba do millón de afiliados, en concreto 1.029.548. Con respecto á contratación, aumentou nun 10,24%, case tres puntos máis que no conxunto do Estado.

En canto á evolución mensual, Toca indicou que o aumento rexistrado segue a tendencia dun mes de setembro de toda a serie histórica, xa que desde que hai rexistros en 1996 sempre aumentou (agás no ano 2005). O crecemento do mes pasado é inferior á suba media reflectida en setembro nos últimos 10 anos. Con respecto a agosto, a contratación aumentou en Galicia un 14%, destacando o ritmo de crecemento da indefinida que é sete veces superior ao da contratación temporal.

A secretaria xeral de Emprego, incidiu en que na recuperación do mercado laboral galego é preciso apostar por un emprego inclusivo que permita que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades, en concreto, as que teñen capacidades diferentes. Neste sentido, a Xunta está investindo 40M€ ao ano en medidas de orientación, formación, contratación e autoemprego con este obxectivo.

De feito, este venres publícase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria do novo programa de formación dual destinado a persoas con discapacidade intelectual no que se investirán 3M€. En colaboración cos centros especiais de emprego, a iniciativa pretende que un total de 80 persoas poidan acceder a un contrato de formación e aprendizaxe de 3 anos de duración e un certificado de profesionalidade. Este novo programa súmase a outras medidas como a liña de Galicia dirixida a este colectivo e as axudas aos centros especiais de emprego.

Paro por provincias e sectores

Por provincias, na evolución anual, Lugo liderou a caída (-7,85%), seguida da Coruña (-5,92%), Ourense (-5,67%) e Pontevedra (-4,70%). Por sectores, destacou a baixada na construción (-11,55%), seguida da industria (-6,26%), da agricultura e a pesca (-5,36) e do sector servizos (-4,27%).

Con respecto aos colectivos que máis dificultades teñen para atopar un traballo, descendeu nun -7,67% entre os menores de 30 anos; nun -11,74% nos parados de longa duración; e nun -5,37% nas mulleres.

R., 2019-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES