Notas de prensa

O BNG apoia a folga xeral porque "hai razóns máis que sobradas para protestar"

“Segue sendo necesario loitar por cambiar esta política letal para a maioría social e nesa loita está a folga xeral do 14 de novembro”, dixo o portavoz nacional que transmitiu a solidariedade do BNG cos traballadores e traballadoras do xornal “El País”.

O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, amosou esta mañá en rolda de prensa o apoio do BNG á folga xeral convocada para o 14 de novembro porque “hai razóns máis que sobradas para protestar e para esta convocatoria”, ao tempo que transmitiu o seu apoio aos traballadores e traballadoras do xornal “El País”, ante os despedimentos nesta cabeceira.

O líder nacionalista fixo especial fincapé en que as consecuencias económicas da política levada adiante polo PP “e ditada pola troika”, evidencian cada día máis que son catastróficas para a maioría social. Seguen o esquema de saquear o pobo para seguir trasvasando a unha minoría que se enriquece cada día máis”.

Nesta liña, Guillerme cifras do paro no mes de outubro que, tal e como lembrou, “seguen a mesma tendencia, seguen aumentando por milleiros os parados e paradas e incrementándose máis que a media do país”. Falou o portavoz nacional “da política sen alma do PP, quedando na estacada a milleiros de persoas que quedan na rúa e seguen debendo cartos aos bancos”.

Guillerme lembrou que o BNG leva tempo presentando iniciativas para promover a dación en pago “hai moito tempo, con escaso apoio”.

Referiuse tamén aos estafados e estafadas polas preferentes ou ás prácticas de empresas que aproveitan para recortar os salarios dos traballadores e traballadoras”.

O líder do BNG apuntou que “é difícil crear emprego neste país se se deixan desaparecer os sectores primarios do noso país ante a indolencia máis absoluta do señor Feijóo”. Neste sentido perguntouse “por que será que no noso país se paga o leite máis barato que no resto do estado español. A explicación é que o PP non move un dedo para tentar corrixir esa situación”.

“Segue sendo necesario loitar por cambiar esta política letal para a maioría social”, continuou, “e nesa loita está a folga xeral do 14 de novembro”.

En resposta ás perguntas dos xornalistas sobre a viaxe de Feijóo a Brasil, Guillerme desexoulle ao presidente da Xunta toda a sorte na busca de contratos para estaleiros galegos mais insistiu en que “todos os contratos non poden ser unha cortina de fume para non abordar os problemas estruturais do naval en Galiza: o veto á construción naval civil e o tax lease”.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2012-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES