Notas de prensa

A Xunta insiste en que segue a traballar por unha tarifa eléctrica para Alcoa

A Xunta de Galicia reitera ao comité de empresa Alcoa na Mariña que traballa sen dar pasos atrás para que se concrete unha tarifa eléctrica diferenciada que facilite o mantemento dos postos de traballo e a permanencia da factoría na comarca.

A Xunta de Galicia mantén o seu apoio decidido para a permanencia da factoría de Alcoa na Mariña. Así llo transmitiu a delegada territorial do Executivo galego na provincia, Raquel Arias, acompañada polos alcaldes de Cervo, Alfonso Villares, e de Xove, Demetrio Salgueiro, aos representantes do comité de empresa da factoría ubicada na Mariña.

Durante a xuntanza, transmitíuselle ao comité de empresa que a Xunta de Galicia está a traballar sen dar pasos atrás para que se concrete unha tarifa eléctrica diferenciada para grandes consumidores de enerxía, como é o caso da empresa Alcoa ubicada na Mariña, facilitando así unhas condicións que permitan o mantemento dos postos de traballo e a permanencia da factoría na comarca costeira de Lugo.

Arias e os dous rexedores fixeron fincapé en que o traballo que se está a levar a cabo dende o Executivo galego ten como premisa que Galicia non pode en ningún caso renunciar á factoría, renunciar a eses postos de traballo.

Segundo se indicou por parte dos representantes institucionais, a Xunta considera á factoría de Alcoa na Mariña unha peza fundamental para a economía da Mariña e da provincia de Lugo, na que representa arredor da terceira parte do PIB. Por este motivo, reiterouse que existe un compromiso máximo por parte do Executivo galego para a supervivencia da factoría.

Así, asegurouse que dende o goberno galego desenvólvese un traballo constante e decidido e estase en conversas permanentes co Ministerio de Industria para trasladarlle a relevancia deste gran consumidor de enerxía eléctrica e a importancia de que esta factoría de Alcoa na Mariña poida ter un tratamento axeitado como tal. Neste sentido, mantense a confianza en que, por riba dunha resposta acelerada, o fundamental é conseguir unha solución que proporcione estabilidade a longo prazo para a permanencia da fábrica e o mantemento dos postos de traballo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-09-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES