Noticias

O Parlamento de Galicia dá luz verde ao teito de gasto da comunidade autónoma para 2020, que medra un 3,1%

Foi presentado no Parlamento o límite de gasto non financeiro para o ano 2020, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 10.160 millóns de teito de gasto, cun aumento de 311 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 3,1%. Deste importe, 10.112 millóns de euros se corresponden con ingresos non financeiros, 68 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 20 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional. É primeira vez que a Xunta presenta un teito de gasto que supera a barreira dos 10.000 millóns de euros.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, presentou hoxe no Parlamento o límite de gasto non financeiro para o ano 2020, que foi aprobado pola Cámara autonómica. En global, o teito de gasto sitúase en 10.160 millóns de teito de gasto, cun aumento de 311 millóns respecto ao Orzamento deste exercicio, o que supón un crecemento do 3,1%.

Deste importe, 10.112 millóns de euros se corresponden con ingresos non financeiros, 68 millóns proceden do obxectivo de déficit e os 20 millóns restantes son axustes negativos de contabilidade nacional.

Valeriano Martínez explicou que é primeira vez que a Xunta presenta un teito de gasto que supera a barreira dos 10.000 millóns de euros, e manifestou que a Administración galega segue aumentando os recursos nun escenario de estabilidade orzamentaria. Ademais, cualificou de “prudente e rigoroso” o teito de gasto presentado hoxe.

Proxecto de Orzamentos en prazo

O conselleiro de Facenda informou á Cámara de que o obxectivo do Goberno galego é aprobar o proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma e presentalo no Parlamento no prazo legal, é dicir, antes do 20 de outubro, para garantir que a súa entrada en vigor se produce o vindeiro 1 de xaneiro.

Finalmente, Valeriano Martínez destacou que o Goberno galego seguirá reclamando os 700 millóns de euros que o Goberno central adebeda a Galicia. Desta cantidade, 530 millóns de euros están incluídos nos Orzamentos da Xunta en vigor -330 millóns das entregas a conta e 200 da mensualidade do IVE do ano 2017- e os outros 170 millóns correspóndense cos incentivos polo cumprimento de todos os obxectivos de estabilidade.

R., 2019-10-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES