Notas de prensa

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

Os días 24 e 25 de setembro terá lugar o I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora (Aquaxi´25). A cita nace “co propósito de ofrecer un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica”. Aquaxi´25 celebrarase no edificio Politécnico do campus de Ourense e está organizado polo Campus Auga.

O evento conta cun comité organizador formado por un equipo multidisciplinar de investigadoras e investigadores vinculados ao Campus Auga e un comité científico tamén composto por un amplo grupo de persoal investigador de Galicia e do norte de Portugal, en liña coa implicación do Campus Auga no espazo eurorrexional.

Este congreso está especialmente pensado para persoal investigador en formación, tanto en etapas predoutorais como posdoutorais. Con todo, a participación está aberta tamén a persoas cunha traxectoria investigadora consolidada que desexen contribuír ao enriquecemento científico e académico do encontro. A elas e eles, Aquaxi´25 quere ofrecerlles “unha oportunidade valiosa para presentar traballos nun ambiente accesible e enriquecedor, favorecendo tanto o desenvolvemento profesional como o crecemento persoal das persoas participantes”.

Tres liñas temáticas

O lema escollido para esta primeira edición é Novos retos en alimentación, agricultura, medio ambiente e augas termais. En consonancia co proxecto do Campus Auga, o congreso estrutúrase en tres liñas temáticas. A primeira é alimentación funcional, abranguendo desde a alimentación sostible, circular e valorización de subprodutos e a biotecnoloxía alimentaria ata a trazabilidade e calidade alimentaria e a dieta e alimentos nutracéuticos. A segunda liña de traballo é agricultura e medio ambiente, abarcando as funcións do solo e servizos ecosistémicos e tamén a agricultura de conservación, rexenerativa e resiliente e a agricultura intelixente. Por último, está a xestión da auga termal, con temas como a xestión dos seus xacementos e os seus usos indirectos e lúdicos. Estas tres liñas de especialización apóianse á súa vez en tres áreas transversais de soporte: intelixencia artificial, economía circular e lexislación agroalimentaria e ambiental.

O prazo para enviar resumos de comunicacións orais ou pósters para participar no I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora finaliza o 31 de xullo e a data límite para inscribirse é o 31 de agosto. Co obxectivo de recoñecer o talento e o esforzo das mozas e mozos investigadores que participarán neste evento coas súas contribucións, a organización outorgará diferentes premios (ao mellor póster, comunicación oral e idea innovadora) e tres distincións ao mellor traballo predoutoral (incluíndo grao, mestrado e doutoramento e concedendo unha distinción para cada unha das liñas principais do congreso).

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Una ducia de proxeccións e cinco persoas convidadas conforman o menú da 34ª edición da Semana de Cine Submarino da UVigo, que se celebrará entre os días 3 ao 5 de novembro no auditorio da Afundación. Producións internacionais e nacionais volverán encher de público o auditorio vigués, que acollerá nunha sesión matinal a centos de escolares da provincia, e que poderá somerxerse nas profundidades das augas das Maldivas, do Caribe ou da costa norte galega.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES