Notas de prensa

A Coruña acolle unha das principais citas europeas sobre avances en baterías e transición enerxética

A Coruña converterase os días 11 e 12 de decembro nun punto de encontro internacional para o almacenamento de enerxía, coa chegada de máis de 70 expertos e expertas de universidades e centros de investigación de prestixio que participarán na reunión semestral da rede europea Alistore-ERI. O evento, que terá lugar na Reitoría da Universidade, servirá como punto de encontro entre persoal investigador, estudantado e empresas, co obxectivo de compartir os avances científicos máis recentes en baterías e materiais para a transición enerxética.

O encontro está organizado polo CICA (Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía), a Vicerreitoría de Investigación e Transferencia da UDC e pola Cátedra Resonac-UDC, baixo a coordinación de Israel Temprano, investigador Beatriz Galindo no grupo LISTE (Laboratorio de Investigación de Sistemas para la Transición Energética) e director da dita Cátedra, que forma parte da rede europea Alistore-ERI.

Principais contidos das xornadas

O evento, que terá lugar na Reitoría da Universidade, servirá como punto de encontro entre persoal investigador, estudantado e empresas, co obxectivo de compartir os avances científicos máis recentes en baterías e materiais para a transición enerxética.

O programa inclúe a presentación das actividades da rede Alistore-ERI desenvoltas, unha avaliación dos progresos de estudantes de doutoramento que investigan novas xeracións de baterías, materiais máis seguros e sistemas sostibles de almacenamento eléctrico, así como conferencias de persoal experto internacional sobre interfaces electroquímicas, baterías de sodio e potasio, electrolitos sólidos e modelización atomística de materiais.

A primeira xornada tamén acollerá unha sesión industrial coas principais entidades do sector na región —entre elas Resonac, CETIM, Ferroglobe, INL e CTAG— para compartir innovación e retos tecnolóxicos.

Ciencia para toda a sociedade: “Ciencia en Movemento”

En paralelo ao encontro científico, o CICA e a Cátedra Resonac-UDC unénse na organización do evento satélite Ciencia en Movemento, un programa de actividades divulgativas gratuítas que consistirá en charlas de persoal experto nun formato próximo e accesible e obradoiros familiares na Biblioteca Durán Loriga, con experimentos e demostracións sobre como funciona o almacenamento enerxético.

Proximamente anunciarase a programación completa das actividades divulgativas.

Sobre o CICA

O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) creouse en 2015 como un centro de investigación de ciencias avanzadas que conta con máis de 200 investigadores e investigadoras pertencentes a tres áreas científicas: Biomedicina; Alimentación, Contaminación e Saúde; e Nanociencia e Materiais Avanzados.

Desde 2024, o CICA conta co recoñecemento CIGUS da Xunta de Galicia, que acredita a calidade e impacto da súa investigación.

A excelencia investigadora, a transferencia tecnolóxica e a transmisión de coñecemento á sociedade forman os tres piares sobre os que se fundamenta o centro de investigación. É recoñecido pola atracción de talento, a visibilidade da muller científica e a promoción da igualdade de xénero, contando cunha presenza feminina superior ao 50%.

Cátedra UDC –Resonac Sparking Truth

A Cátedra UDC–Resonac Sparking Truth ten como misión principal impulsar a investigación aplicada no ámbito da enerxía, con especial atención á transición cara a fontes limpas e renovables. Dirixida polo Israel Temprano, Group Leader e principal investigador no CICA e co-dirixida por Alba Tuñas, Head of Battery Business Development at Resonac (A Coruña), a cátedra naceu en setembro de 2024 da sinerxía entre Resonac GBU e o Grupo de Investigación en Sistemas para a Transición Enerxética (LISTE) da Universidade da Coruña (UDC). Esta colaboración ten como obxectivo desenvolver novos materiais e tecnoloxías que melloren a eficiencia e a sustentabilidade dos sistemas enerxéticos, como baterías. Ademais da investigación, a cátedra tamén impulsa a formación de talento especializado e a transferencia de coñecemento entre a universidade, a industria e a sociedade en xeral.

Universidade da Coruña (UDC), 2015-12-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES