Notas de prensa

Os 'Encontros de Lúa Chea' profundarán nas fake news

Os 'Encontros de Lúa Chea', un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego e incluído dentro da programación da Primavera Cultural, ofrece o xoves 26 de marzo, ás 19.00 horas, na cafetaría da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o faladoiro ‘Medios de comunicación: información ou desinformación na era das fake news'.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio asinado por USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

“Vivimos un momento en que acceder á información parece moi fácil: as pantallas dos dispositivos que nos rodean cadora funcionan como xanelas abertas ao mundo”, explican dende a organización do evento. Porén, esa mesma facilidade convértese nun risco cando esas pantallas se enchen de loiadas (fake news) ou de información de parte. “Vivimos en constante perigo de manipulación dixital. Un risco que, ademais, afecta de forma máis intensa á mocidade”, engaden.

Son moitas as preguntas que nos xorden diante dun fenómeno tan grave: como se constrúe este discurso sustentado en informacións falsas? É “información” xerada de xeito casual ou tras dela agáchanse outros intereses? Que relación hai entre a manipulación dos medios de comunicación e a falta de confianza nas institución e na clase política que detectan as enquisas? Temos realmente unha sociedade ben informada, con capacidade para construír unha opinión fundamentada? Raquel Lema, redactora da CRTVG e presidenta do seu Comité Intercentros, e Orestes Currás, correspondente de RTVE en Lugo e representante territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia nesta provincia tentarán dar resposta a estas e outras cuestións.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-03-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-jazz-lugo-2026.jpg) O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito D’Rivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
Foto de la tercera plana (gripe-vacinacion.jpg) O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.

Notas

A USC impulsa un marco institucional para integrar a IA de maneira responsable, segura e transparente na docencia, na aprendizaxe, na investigación, na transferencia de coñecemento e na xestión universitaria. A iniciativa, aprobada en Consello de Goberno, articúlase a través dun regulamento de aplicación xeral ao que se suma o Plan de Formación en Intelixencia Artificial Responsable (FIAR).
O Campus Industrial de Ferrol reúne a máis de 50 empresas, entidades e asociacións na cuarta edición do FESTALENT, Feira de Empresas e Talento, un evento de referencia que se celebra no Pavillón Municipal de Esteiro. Organizada no marco do programa ImpúlsaT da UDC, a feira conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES