
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este venres na presentación do novo festival Sons de Vigo que se celebrará do 27 de marzo ao 4 de abril no Ifevi. A representante autonómica, que estivo acompañada pola vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, destacou o evento que aposta tanto por grandes nomes do panorama nacional como por artistas locais da escena galega, dentro dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia.
Estamos ante un dos mellores festivais e coa máis variada oferta musical de Galicia, é o nacemento do evento máis completo, por agora, que tivemos nunca na nosa cidade, sinalou a delegada territorial. A presentación, celebrada no Paseo das Avenidas, xunto ao monumento a Julio Verne como un dos símbolos de Vigo, contou coa actuación de Castle e Milutxo, músicos locais que ofreceron varios dos seus temas.
Ana Ortiz lembrou que a Xunta, en colaboración coa Deputación, son as administracións que maior achegas fan á cultura na nosa cidade. Así, destacou que no Goberno galego existe un absoluto compromiso coa oferta musical e cultural e este festival é outra proba que se suma a outros eventos como o Festival Underfest ou o MusicaV de jazz. Temos moitos exemplos, tamén Vigo Porté
ou Galicia Fest, ademais por suposto do noso proxecto no Teatro Fraga, sinalou.
Pola súa banda, os promotores Luis Diz e josé Patiño explicaron que o festival xa vendeu preto de 20.000 entradas. Sons de Galicia forma parte da programación dos Concertos do Xacobeo organizados pola Xunta de Galicia, unha iniciativa que impulsa a celebración de grandes citas musicais en Galicia. O ciclo comezará o 27 de marzo con Lingua Urbana, un dos cinco eventos musicais que acollerá o Ifevi dentro desta programación.
Lingua Urbana
O cartel de Lingua Urbana conta con grandes artistas do panorama nacional e local. Cada un representa diferentes estilos dentro da música urbana actual, o que garante un directo variado e pensado para conectar co público novo que segue de cerca a escena. Desde artists como La Pantera, Metrika, L0rna, Sticky M.A., C Marí e Skinyz aos galegos 9Louro, West SRK, Sote, Telmo Brea e Valensk8.
Wake Up!
O 1 e 2 de abril chegará ao Ifevi o Wake Up!, un formato de música electrónica que xa triunfou nas súas anteriores edicións en Vigo. Nesta ocasión serán dous días e contará con nomes tan recoñecidos como Klangkuenstler, Chris Liebing, Marco Carola, Loco Dice, Franky Rizardo, Paco Osuna, Castel & Selles, Milutxo, Isma B, Muiños, Felicie e Luke Slater.
Perreo
Ao día seguinte, o 3 de abril, será a quenda para o modo Perreo, co maior festival de reguetón antiguo. Se a primeira edición celebrada na Coruña foi todo un éxito, esta segunda cita promete manter o nivel. O Ifevi será o escenario dun cartel no que se mesturan algúns dos nomes máis recoñecibles do reguetón comercial e a música urbana, con varios DJs de referencia para que non falte de nada. Son os casos de Daosul, Henry Méndez, Kiko Rivera, K-Narias, Planas e Anxo Silva.
One Dance
Por último, o 4 de abril chegará unha nova edición de One Dance co mellor sonido, un festival único que xa estivo no Ifevi hai un ano facendo homenaxe ás grandes décadas que marcaron a historia da música electrónica dos anos 90. Nesta edición estarán Alice DJ, Barthezz, Carolina Márquez, DJ Quicksilver, DJ Sammy, DJ Sash!, Ian Van Dahl x Astroline, Kate Ryan, Lasgo, Lou Bega, Rebeca, Sylver y Whigfield. Tamén haberá sesión de DJ Rob, DJ Mark Deluxe, Yaser, Marcos, DJ Charlie, Traffic House y Toni Seljas, ademais das performances de Pablo Méndez.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.