
Ademais, cómpre salientar que no proceso de exposición pública non se rexistrou ningunha alegación contra este recoñecemento.
Con esta publicación, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude culmina a tramitación iniciada en 2024 para darlle esta distinción a unha celebración extraordinaria, admirada por propios e foráneos, do noso patrimonio cultural e turístico, que se celebra desde hoxe e ata o vindeiro luns, 7 de xullo, na parroquia pontevedresa de Sabucedo, no concello da Estrada. Trátase da manifestación inmaterial máis clara que existe en Galicia da relación ancestral entre uns animais, neste caso cabalos, e o seres humanos, como xa se reflicte nos gravados rupestres que existen preto desta aldea.
A maiores, esta declaración procura tamén ser un recoñecemento das tradicións e dos costumes do mundo rural herdados dos devanceiros, que foron transmitidos de xeración en xeración. Polo tanto, supón un reflexo da apropiación identitaria feita manifestación inmaterial pola veciñanza ao longo destes trescentos anos, merecentes de que se conserven e sexan coñecidos.
Precisamente, cómpre lembrar que a Rapa das Bestas de Sabucedo abrangue nesta denominación unha serie de rituais que se agrupan en tres fases: a misa alborada, a baixada dos cabalos salvaxes do monte e a rapa destes, tamén denominada curro.
O decreto recolle que a rapa dos animais supón a escenificación entre os denominados aloitadores e as bestas que require experiencia e valor, á vez que transmite unha espectacularidade que fai que, a día de hoxe, adquirise unha notoriedade que esperta interese e presenza nos medios de comunicación galegos, españois e internacionais, así como unha gran concorrencia nesta aldea, que non supera os 60 habitantes durante o resto do ano.
Con esta aprobación xa son 789 os Bens de Interese Cultural existentes en Galicia. Deles 116 foron declarados desde a entrada en vigor da Lei de Patrimonio Cultural de 2016, unha cifra que reflicte o importante compromiso do Goberno por protexer, conservar e pór en valor o patrimonio sobranceiro da Comunidade.
Medidas de salvagarda
O decreto publicado hoxe tamén recolle a conveniencia de proceder ao rexistro e sistematización de documentos relacionados con este patrimonio para poder ter unha comprensión máis eficaz e completa, o tempo que se empraza a promover a súa difusión.
De igual xeito, estipula como recomendable que se incorporase o seu coñecemento ao ensino tanto forma como non formal. Ao respecto, apúntase que este traballo supón apoiar a transferencia de coñecementos, técnicas e significados para evitar a fosilización da manifestación.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.