
O proxecto (Acelerando a adaptación climática sistémica en toda Europa a través de ecosistemas integrados de solucións de resiliencia) ponse en marcha para probar en distintos contextos europeos que estas solucións combinadas e interconectadas poden funcionar para reducir a vulnerabilidade dos territorios e mellorar a súa capacidade de resposta fronte aos impactos climáticos, explica Vázquez, que engade que tamén se crearán metodoloxías de replicación que permitan levar esas solucións a outros territorios. A través do deseño e posta en marcha de solucións locais de adaptación ao cambio climático, combinando infraestruturas baseadas na natureza, ferramentas dixitais, participación cidadá e estratexias de gobernanza, SystR destaca por achegar un enfoque sistémico, que propón abordar os riscos climáticos como secas, inundacións ou vagas de calor mediante conxuntos integrados de solucións que teñen en conta o territorio no seu conxunto: persoas, ecosistemas, economía e políticas públicas.
Algúns territorios participantes desenvolverán o seu propio modelo, mentres que Galicia participará como rexión replicadora, explica o catedrático vigués, que lidera a representación de investigadores de UVigo, que completan Andrea Ogando, Estefanía Couñago, Carlos Rodríguez e Antonio Sartal. No proxecto, que conta cun orzamento de 9,3 millóns de euros e se desenvolverá durante catro anos, baixo o liderado do National Center for Scientific Research Demokritos de Grecia (Centro Nacional para a Investigación Científica Demokritos de Grecia), tamén participa a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como entidades de Francia, Países Baixos, Austria, Alemaña, Bélxica, Italia e Eslovaquia.
Alimentando o nexo ciencia-política e unha oportunidade estratéxica para Galicia
Para o catedrático vigués, é evidente, aínda que non sempre sucede, que as políticas públicas deberían basearse en evidencias científicas, especialmente fronte a retos tan complexos como o cambio climático. Non se trata de que os deseñadores de políticas fagan o que os científicos digan, tratase de ter claras as opcións, e dende logo informarse dos custos económicos, sociais e medioambientais que distintos cursos de accións implican, sinala Vázquez, para quen este nexo ciencia-política pódese fortalecer mediante instrumentos como ferramentas de visualización accesibles para os e as responsables de toma de decisións, procesos participativos con actores locais, indicadores claros de impacto ou informes útiles para integrar as solucións nas políticas rexionais e nacionais.
O proxecto SystR supón, en opinión do catedrático da UVigo, unha oportunidade estratéxica para Galicia no mapa europeo da adaptación climática, permitindo aprender doutros territorios e, ao mesmo tempo, testar solucións que poderían aplicarse na nosa contorna.
A achega da UVigo
Cun orzamento de seu de preto de 400.000 euros, a UVigo encargarase no proxecto de coordinar o deseño do marco metodolóxico que permitirá avaliar o impacto sistémico das solucións despregadas nos territorios piloto, tanto a nivel social, económico, como ambiental e institucional. Así mesmo, o equipo da institución académica viguesa que participa en SystR lidera a estratexia de replicación, analizando como trasladar esas solucións a outras rexións de Europa, incluída Galicia, de forma sostible.
Para a UVigo, participar neste proxecto reforza o seu compromiso cunha investigación con impacto social, territorial e ambiental, conectando o coñecemento académico coas necesidades reais da sociedade, conclúe Xosé H. Vázquez.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.