
A misión, que marca o regreso dunha tripulación humana ás proximidades da Lúa, contará coa participación do Grupo de Tecnoloxía Aeroespacial, ATRG, do centro atlanTTic da UVigo, a través da cooperación establecida coa empresa tecnolóxica española Integrasys, seleccionada pola NASA para realizar tarefas de seguimento terrestre da cápsula Orion durante a misión Artemis II. Durante a súa viaxe, a cápsula emitirá sinais de radio en banda S que poden actuar como un faro ou latexo electrónico e 'este sinal será captado polas antenas da Universidade de Vigo e Integrasys, que funcionan como os oídos da misión na Terra para escoitar ese pulso que provén do espazo profundo', explica Fernando Aguado Agelet, catedrático da UVigo e director do grupo de investigación ATRG.
O proxecto é o resultado dun encargo directo da NASA a Integrasys, xunto á Universidad de Sevilla. Integrasys foi a única firma española seleccionada para liderar a monitoraxe do sinal da nave nesta fase. 'Fundada en 1990 e con sede en Las Rozas (Madrid), Integrasys consolidouse como un referente global en enxeñaría e fabricación de sistemas avanzados para a monitorización obtención de intelixencia e control do espectro espacial', explican fontes da empresa, que conta con delegacións estratéxicas en Estados Unidos e Luxemburgo, entre outras.
Operadores expertos traballaran dez días de xeito ininterrumpido
O sinal da cápsula Orion captada pola antenas da UVigo, será analizada por operadores expertos da institución académica viguesa e da empresa Integrasys, utilizando o principio do efecto Doppler. 'Do mesmo xeito que o son dunha sirena cambia de ton cando unha ambulancia se achega ou se afasta, a frecuencia do sinal da Orion varía segundo o seu movemento. Ao medir con extrema precisión estes cambios de ton no sinal de radio, os especialistas poderán determinar a posición exacta Manuel Diz Folgar, investigador do grupo ATRG.
O equipo de operadores da UVigo traballará sen interrupción durante os dez días da misión para procesar os datos, un labor de seguimento técnico 'vital para asegurar que a nave se mantén na ruta prevista pola NASA durante a súa viaxe de ida e volta', explica o catedrático da UVigo.
No nivel máis alto da enxeñaría aeroespacial internacional
Como paso previo á aterraxe de seres humanos na superficie lunar e ao tratarse dunha misión tripulada, a fiabilidade no seguimento terrestre da misión Artemis II é unha prioridade absoluta para a NASA á que Integrasys e as universidades de Vigo e Sevilla farán fronte 'garantindo unha rede de soporte capaz de monitorear a nave na súa traxectoria de retorno libre arredor da Lúa'.
Para Fernando Aguado 'participar nesta misión tripulada valida a excelencia técnica acadada en Galicia. A capacidade de interpretar o efecto Doppler en sinais de banda S para localizar unha nave a miles de quilómetros de distancia sitúa á universidade e á empresa Integrasys no nivel máis alto da enxeñaría aeroespacial internacional'.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.