
Respecto das negociacións levadas a cabo desde abril, cabe lembrar que a Xunta actuou desde o primeiro momento con absoluta responsabilidade, mantendo un contacto permanente tanto coa empresa como cos traballadores e a Inspección de Traballo, e mediando para que se ofrecese a máxima flexibilidade á dirección dentro da legalidade vixente para a realización das obras necesarias para subsanar as deficiencias detectadas.
Como resultado das xestións realizadas polo Goberno galego, a Inspección de Traballo concedeu a Sargadelos un prazo suficientemente amplo para acometer as actuacións previstas no requirimento de marzo de 2025 e no de setembro de 2024. Neste contexto, no día de onte a Inspección de Traballo realizou unha visita rutineira ás instalacións para comprobar o cumprimento das actuacións solicitadas.
A Xunta está a colaborar co financiamento das obras, tendo en conta a singularidade da planta, declarada Ben de Interese Cultural desde 2014. Dentro desta colaboración, xa se completaron os estudos sobre as condicións do sistema de ventilación e extracción, así como parte das actuacións esixidas.
Como xa se trasladou en anteriores ocasións, o subsanamento das eivas detectadas é perfectamente compatible co mantemento da actividade e permite garantir a seguridade e saúde do persoal.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.