Noticias

Galicia sitúase como referente internacional no sector do contract con máis de 9000 proxectos en 800 cidades diferentes

Galicia sitúase como referente internacional no ámbito do equipamento de edificios de uso colectivo, con máis de 9000 proxectos realizados en 800 cidades de todo o mundo que levan a firma do contract galego. Forman parte do sector máis dun cento de empresas galegas que desenvolven a súa actividade en máis de cen países, facturando algunhas delas o 95% da súa produción fóra da Comunidade. Así, cadeas hoteleiras como Hilton, Four Seasons, ou o grupo Marriot, ou firmas do retail como Inditex, Dior, Chanel ou Loewe confían no contract galego para os seus establecementos.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na apertura da IX Semana Internacional Contract que Galicia se sitúa como referente internacional no ámbito do equipamento de edificios de uso colectivo, con máis de 9000 proxectos realizados en 800 cidades de todo o mundo que levan a firma do contract galego. Conde sinalou que forman parte do sector máis dun cento de empresas galegas que desenvolven a súa actividade en máis de cen países, facturando algunhas delas o 95% da súa produción fóra da Comunidade.

Así, cadeas hoteleiras como Hilton, Four Seasons, ou o grupo Marriot, ou firmas do retail como Inditex, Dior, Chanel ou Loewe confían no contract galego para os seus establecementos. Na súa intervención, o conselleiro sinalou que esta internacionalización do sector galego é posible grazas a factores como a puntualidade dos seus procesos, a coordinación e a cooperación entre as diferentes empresas, e a aposta clara pola sustentabilidade.

Sinalou que a competitividade pasa pola innovación, a través da busca de novos deseños, e pola incorporación de novos materiais. Destacou ademais que cómpre contar cos mellores profesionais. Para iso, a Xunta lanza unha nova edición das Unidades Formativas en Empresas, unha iniciativa pioneira coa que se poñerán en marcha 500 cursos nos que se formarán 4500 persoas ocupadas e desempregadas.

Hoxe mesmo publícase no DOG a convocatoria de Unidades Formativas para ocupados, dotada con 5 millóns de euros e aberta á presentación de solicitudes ata o vindeiro 30 de outubro, e aínda segue aberta a convocatoria para desempregados. O conselleiro aproveitou para chamar á participación das empresas, que, a través destes programas, poden acceder a unha formación á carta.

R., 2019-09-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES