Notas de prensa

A Xunta rebaixa no segundo semestre do ano un 7% os prezos medios do valor de mercado da vivenda

“O obxectivo é que ninguén pague máis do que corresponde, que se pague o xusto no momento de adquisición ou no momento de transmisión dunha vivenda en Galicia”, asevera Feijóo.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o Goberno que preside abordou a actualización da orde pola que se aproban os prezos medios no mercado de determinados inmobles rústicos e urbanos situados na comunidade galega, pola cal se rebaixa, no segundo semestre do ano, un 7% os prezos medios do valor de mercado da vivenda para o 81% da poboación galega.

Así, segundo subliñou Feijóo na rolda de prensa tras o Consello, o Executivo autonómico revisa á baixa un 7% a orde de prezos medios de mercado para o 81% da poboación galega, en previsión da diminución observada no prezo da vivenda, de tal xeito que este 81% da poboación “que queira mercar ou transmitir vivendas terá que facer unha liquidación por imposto un 7% inferior ao que viña facendo anteriormente”.

“Actuamos con inmediatez para consolidar un sistema que ten vantaxes para administración e que, sen dúbida, ten vantaxes para os cidadáns”, aseverou o presidente galego, incidindo en que as vantaxes para a administración se traducen no mantemento dun sistema “áxil de xestión tributaria máis eficiente e máis útil na loita contra o fraude fiscal” e as vantaxes para os cidadáns, en que “seguen contando cunha norma concreta para calcular os seus impostos antes da súa liquidación”.

“O obxectivo é que ninguén pague máis do que lle corresponde, é dicir, que se pague o xusto no momento de adquisición ou no momento de transmisión dunha vivenda en Galicia, cunha rebaixa do 7% para este segundo semestre do ano 2012”, incidiu Feijóo, lembrando que agora as vivendas valen menos e, en consecuencia, “se pagará menos” e, ao mesmo tempo, o contribuínte contará cun instrumento preciso para coñecer o valor do mercado e cun instrumento que lle permite cumprir as súas obrigas fiscais sen que poida haber algún tipo de sanción posterior.

Deste xeito, todos os contribuíntes que aceptan esta orde de prezos orientativa, teñen a seguridade de que non poden ter recorrida, por parte da Administración pública, a súa autoliquidación. “Estamos e seguimos avanzando evitando a fraude fiscal, superamos o anterior modelo baseado en taxacións, moi custoso, que supoñía dificultades para recoller posibles singularidades de determinados bens, e reducimos a litixiosidade dado que este tipo de autoliquidacións supón que a Administración pública se compromete a non facer un contravalor ou unha contraliquidación adicional”, aseverou Feijóo.

“Estivémonos dotando dun sistema máis xusto, pero dado a votalidade do sector inmobiliario este sistema, por suposto, debe ser actualizado e revisado para cumprir con esa equidade que supón os impostos”, incidiu Feijóo asegurando que “a Xunta quere ser xusta cos cidadáns de Galicia, por un lado, coa propia evolución da economía e, por outro, cunha previsión á baixa de prezos derivada da política de vendas máis intensa que están abordando as entidades bancarias neste momento”.

“Imos seguir avanzando en consolidar un modelo que ten vantaxes para a administración e para os administrados: para a administración –reiterou-, o cumprimento das leis, é dicir, loitar contra o fraude fiscal; e para os cidadáns, unha norma concreta, unha norma segura, unha norma que acredita cómo se poden calcular os impostos que se teñen que pagar e unha norma que ademais é xusta porque recoñece a baixada do valor de transmisión das vivendas neste momento de situación inmobiliaria de España e, neste caso, da situación inmobiliaria de Galicia”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES