Notas de prensa

A Xunta pide un pleno extraordinario para aprobar o teito de gasto de 2013

A Xunta de Galicia solicita que o asunto se tramite polo procedemento de urxencia de conformidade ao previsto no artigo 98.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia. Debatiranse tamén a Lei de Inclusión Social e a adaptación da norma sobre estabilidade e fomento da competitividade no emprego público.

A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da súa Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, rexistrou esta mañá no Parlamento de Galicia unha petición para que se convoque un pleno extraordinario no que, entre outros asuntos, se aprobará o teito de gasto da Comunidade.

No texto remitido á Cámara solicitase que o asunto se tramite polo procedemento de urxencia de conformidade ao previsto no artigo 98.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia. O límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia aparece referido no artigo 12 da Lei 2/2011, do 16 de xuño, de disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira.

Na solicitude de pleno extraordinario, ademais da votación do límite de gasto non financeiro, a Xunta propón o debate de totalidade de dous textos lexislativos. Trátase do Proxecto de Lei de inclusión social de Galicia e do Proxecto de Lei de adaptación das disposicións básicas do Real Decreto Lei 20/2012, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade en materia de emprego público.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES