Notas de prensa

Feijóo di que Clesa dá inicio á senda de unión do sector lácteo galego

Remarca que nos momentos de maior dificultade económica e de maior estreitez financeira “decidimos capitalizar esta compañía e seguir no que, sen dúbida, é unha aposta por ir unindo o sector lácteo galego”, tanto na produción como no valor engadido.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou o esforzo conxunto que permitiu que Galicia teña hoxe “un proxecto galego e unha marca galega” que ten permitido, ademais, avanzar “na senda de unión do sector lácteo”: a planta de Clesa en Caldas de Reis.

“Decidimos nos momentos de maior dificultade económica, nos momentos de maior estreitez financeira, nos momentos de máis dificultades para acadar crédito, capitalizar esta compañía; e decidimos seguir no que, sen dúbida, é unha aposta por ir unindo o sector lácteo galego, non só desde o punto de vista da produción senón, tamén, desde o punto de vista do valor engadido”, asegurou Feijóo. A este respecto, lembrou que a fábrica de Clesa en Caldas “fai valor engadido do leite, transfórmao e véndeo en produtos que incorren nese valor engadido, que é o que necesitamos nestes momentos para ser competitivos na industria láctea”, aseverou.

Na súa intervención, o presidente da Xunta incidiu en que “fomos capaces de sacar adiante este proxecto”, e quixo agradecer, en primeiro lugar, o esforzo dos traballadores, encabezados por uns representantes “razoables, sensatos e absolutamente realistas coa situación de dificultade”, dixo; en segundo lugar, ás dez cooperativas galegas que se agrupan en Acolat; e tamén a un aval e a un préstamo da Xunta de Galicia. Grazas a todo isto, agregou, “en Galicia hoxe temos un proxecto galego, unha marca galega, cunha factoría ubicada en Caldas de Reis, e mantemos unha marca coñecida no sector lácteo desde hai moito tempo que é a marca Clesa”, abondou.

NotaO mandatario galego amosouse confiado en que este proxecto, “que iniciamos no peor momento posible, se vaia consolidando”, ao igual que o plan de negocio de Clesa “de ir incorporando máis traballadores á planta e de ir reiniciando a súa actividade ordinaria, para poder protexer o sector lácteo galego e para iniciar unha senda de unión para poder competir e poder manter un sector que dá emprego a 40.000 persoas en Galicia e que supón o 30 por cento de toda a produción agraria na comunidade autónoma”, precisou.

“Polo tanto, parabéns”, indicoulle Feijóo aos directivos e representantes da empresa, ante os que tamén se amosou esperanzado en que “a pesar das dificultades económicas, sexamos capaces de que a factoría Clesa se manteña con traballo e actividade, e que a marca Clesa sexa propiedade xa de dez cooperativas galegas; e, polo tanto, sexa unha marca galega”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES