//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
No programa participan -en concreto- 16 comedores escolares das catro provincias galegas, así como os catro designados como Comedores escolares km 0, que xa estiveron na primeira edición. Este ano estanse tratando de difundir os produtos en todos os ámbitos da comunidade educativa. Así, os profesores reciben fichas didácticas sobre as producións con indicativo que poden incorporar aos programas escolares, os pais e ANPAS son informados da campaña e poden participar dela mediante sorteos, concursos e xogos e, por último, estase a traballar tamén cos cociñeiros e responsables de comedor para tratar de incorporar os produtos aos menús de xeito continuo.
Os datos do paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto evidencian que Galicia continúa a resistir á covid-19. Non só polos preto de 15.000 parados menos rexistrados respecto de febreiro de 2020 (mes anterior á irrupción da pandemia), senón porque a comunidade é a única que encadea oito meses de baixada do paro mensual desde xaneiro e acada un descenso do desemprego respecto a agosto de 2020 (interanual) nunca visto desde que existen datos. Ademais consegue crear emprego ao elevar as afiliacións o mes pasado, cando no Estado descenderon un 0,60% fronte a xullo.
A economía galega creceu no segundo trimestre do ano un 17,5%, o que supón o mellor rexistro da serie histórica, polo que a taxa interanual volve a ser positiva por primeira vez desde o inicio da pandemia da Covid-19. En canto á taxa intertrimestral, o PIB galego medrou un 3% entre abril e xuño, dúas décimas máis que a media de España. Así o reflicten os datos da contabilidade trimestral que publica hoxe o Instituto Galego de Estatística (IGE).
Os datos do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo confirman, tal e como valorou hoxe a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, que Galicia non só segue a resistir á covid-19 (hai preto de 40.000 parados menos que en abril de 2020, que marca o impacto inicial da crise sanitaria), senón que a cifra de parados rexistrada en xullo (151.934) é menor á de febreiro de 2020 (166.229), xusto antes do inicio da covid-19. O desemprego, ademais, baixou tanto na evolución anual como mensual e nas catro provincias e sete grandes cidades, nas mulleres, nos menores de 30 e maiores de 44 anos e nos principais sectores económicos.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez, presentou hoxe no Parlamento o teito de gasto non financeiro para o exercicio 2022 que ascende a 11.571 millóns de euros, e que foi aprobado na Cámara autonómica. Valeriano Martínez cualificou este teito de prudente e rigoroso e explicou que ten tres prioridades: dar por superada a pandemia en termos sanitarios, seguir reactivando a actividade económica e o emprego, e garantir a protección e o benestar das familias e das empresas. Ademais, o conselleiro tamén subliñou que permitirá recuperar a mediados do ano 2022 o nivel de riqueza precovid, antes que a media de España.
O Ministerio de Hacienda e Función Pública vén de dar hoxe a razón á Xunta na súa reclamación do importe da mensualidade do IVE de 2017 non transferido a Galicia. O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez asistiu hoxe ao Consejo de Política Fiscal e Financeira (CPFF) no que se trasladaron ás comunidades autónomas as principais cifras para a elaboración do teito de gasto do vindeiro ano 2022 que a Xunta aprobará mañá. Durante a reunión, o Ministerio admitiu que a cifra que o Goberno central adebeda a Galicia pola sentenza do Tribunal Supremo ascende a 211 millóns de euros.
Zona Franca de Vigo presentou o Informe Económico e de Competitividade de Ardán 2021, elaborado en colaboración coa agrupación estratéxica Ecobas e o Grupo Gen da Universidade de Vigo. Nel preséntase un monográfico que aborda 'a excepcional situación' que provocou a pandemia da covid-19 e 'pon de relevancia que Galicia sufriu un impacto menor que o conxunto de España en perda de riqueza'. O documento, 'o primeiro informe sobre os efectos da pandemia da covid-19 na economía galega' segundo indican en nota de prensa desde Zona Franca, foi presentado por David Regades, delegado do estado, acompañado por parte da Universidade de Vigo do catedrático Santiago Lago e do profesor Xavier Martínez Cobas.
Galicia, que preside agora este organismo interrexional, pasará nos vindeiros días a testemuña a Portugal. Neste período, a comunidade transfronteiriza traballou no seu obxectivo principal de consolidar a Eurorrexión, pero tamén centrou os seus esforzos na dinamización económica, a cooperación ambiental, a cooperación para o desenvolvemento das infraestruturas e da mobilidade, a cooperación para a proximidade e o desenvolvemento de proxectos conxuntos nas áreas de cultura, educación e turismo.
Galicia segue a recuperar os resultados positivos das súas vendas ao exterior. Unha tendencia que xa comezou a reflectirse nos últimos meses do ano, e que se consolida agora nos primeiros meses deste exercicio. Así, e como amosan os últimos datos dispoñibles, as exportacións galegas de maio duplicáronse con respecto ao mesmo mes do ano anterior (+109,7%), permitindo acadar nesta ocasión os 2100 millóns de euros. Un dato, que sendo bo, mellora en comparación co total de España. No conxunto do Estado, as exportacións en maio medraron á metade de ritmo que en Galicia: a media nacional de crecemento neste mes con respecto ao mesmo período do ano pasado sitúase nun 55,3%.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a modificación da orde que regula as bases para o 3º plan de rescate, xestionado pola Xunta cos 234,4 millóns de euros que lle corresponderon do reparto do Estado para axudas directas ao tecido empresarial, coa que amplía o prazo de solicitude dos apoios ata o 30 de setembro para permitir que os cartos cheguen a máis persoas traballadoras autónomas e empresas afectadas pola covid-19. A pesares dos esforzos da Xunta por axilizar e simplificar o 3º Plan de Rescate, as cargas burocráticas impostas no Real Decreto que regula as axudas directas para xestionar as Comunidades están disuadindo ou imposibilitando o acceso ás mesmas de gran parte do tecido empresarial galego.
A campaña promocional pretende dar a coñecer as características destes produtos de calidade representativos da gastronomía galega, as súas calidades e o proceso de control para garantir a súa orixe e trazabilidade.
Convocarase a orde destas axudas, dirixidas aos produtores primarios inscritos en denominacións de calidade. Sobre a web da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega), a conselleira destacou que este espazo en internet enmárcase na modernidade e na actualidade e que constitúe unha plataforma para interactuar cos axentes do sector. A conselleira do Medio Rural e do Mar clausurou en Ourense a VI edición do Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade Vinis Terrae e presentou a nova web da Evega.
O conselleiro de Economía e Industria da Xunta, Francisco Conde, destacou os 110 millóns de euros da nova convocatoria do Innterconecta como unha oportunidade para consolidar o liderado innovador das empresas galegas. Subliña, tamén, o papel clave do CDTI na colaboración entre empresas de distintas comunidades e tamén que Galicia aproveita os Fondos 14-20 da Unión Europea.
O conselleiro de Economía e Industria participou na clausura da feira náutico-pesqueira que reúne a estaleiros, armadores, pescadores, comerciantes e institucións. Sinala o papel do encontro, que celebra a súa décimo sexta edición, na transferencia das últimas innovacións ao mercado. Subliña que Expomar permite asomarnos ao futuro da pesca e sinala o papel que neste terán os centros tecnolóxicos ou o CIS Galicia.
Los asistentes recibirán formación relacionada con el diseño multimedia, el comercio internacional, la gestión comercial o la gestión de despachos y oficinas. El curso sólo está abierto a personas desempleadas.
Gas Natural Fenosa lanza una oferta de recompra en efectivo de las preferentes emitidas el 30 de junio de 2005 por el 85% de su valor nominal. Esta oferta de recompra finaliza a las 14h del 25 de mayo y el pago se ejecutará en efectivo el 28 de mayo. Los preferentistas que no deseen aceptar la oferta podrán seguir manteniendo sus participaciones.
Se ben recoñece que aínda queda moito por facer, o titular da Xunta resalta os datos da EPA e incide en que Galicia está no camiño axeitado para reducir o paro e crear emprego. No sector lácteo di que seguirá traballando para acabar coas prácticas abusivas comerciais, e no forestal buscará garantías do emprego e ambientais.
O delegado territorial da Xunta en Ourense participou no acto de presentación da memoria de actividades do recinto que acolleu dez feiras e unha vintena de eventos que contaron con máis de 128.000 visitantes e 855 expositores de 30 países. Foron 3 as feiras internacionais que marcaron o calendario o pasado ano: Xantar, Funergal e Termatalia, que tivo lugar por segunda vez en América.
Como novidade este ano, vencéllase a participación en Galeuropa coa presentación dun proxecto personalizado de mobilidade que se vai desenvolver en colaboración coas empresas galegas. Nesta edición, ademais, os participantes deberán estar inscritos no ficheiro nacional do SNGX de Galicia.
Durante o acto de protesta ante unha figurada Angela Merkel, Barack Obama e Mariano Rajoy, o BNG criticou o Tratado de Libre Comercio e Investimentos UE-EEUU (TTIP) polo que califica de consecuencias "devastadoras" para o emprego, a saúde e os servizos públicos.