Notas de prensa

O BNG protesta contra o Tratado de Libre Comercio EU-USA no consulado de Alemaña en Vigo

Durante o acto de protesta ante unha figurada Angela Merkel, Barack Obama e Mariano Rajoy, o BNG criticou o Tratado de Libre Comercio e Investimentos UE-EEUU (TTIP) polo que califica de consecuencias "devastadoras" para o emprego, a saúde e os servizos públicos.

O BNG elixiu a sede do consulado alemán en Vigo para un acto de protesta contra o Tratado de Libre Comercio e Investimentos UE-EEUU (TTIP) que contou coa presenza figurada da chanceler Angela Merkel, do presidente norteamericano, Barack Obama, como máximos representantes dos poderes que impulsan este tratado, e con Mariano Rajoy, como “extra convidado” nunha negociación de costas á cidadanía.

“Supón a radicalización do modelo neoliberal de devastación dos sectores produtivos do país, de devastación do modelo social e de privatizacións masivas dos servizos públicos, en particular a sanidade, reforzando a estratexia na que xa está o PP”, denunciou o portavoz nacional, Xavier Vence.

O dirixente nacionalista criticou o “secuestro” do debate ante un tratado que outorga un poder case ilimitado ás multinacionais á hora de definir a calidade dos produtos alimentarios, as condicións de traballo, dos servizos públicos e deixa en mínimos a protección do medio ambiente en aras dun suposto desenvolvemento económico.

“Negóciase ás costas da xente por un grupo en Bruxelas e Washington para ocultar os resultados nefastos para a poboación, de consecuencias desastrosas para o emprego, servizos públicos, para o modelo de consumo e para a calidade de vida da cidadanía”, advertía Vence.

Neste sentido, o Bloque fixo un chamamento á mobilización da cidadanía á que insta a participar nas manifestacións previstas para o vindeiro sábado contra o TTIP, dentro da xornada europea contra o tratado. “Todo o país debe unirse para parar esta ignominia e esta traizón que o PP tenta colar de tapadillo ao conxunto da cidadanía”, declarou.

O BNG demanda a retirada do tratado para “preservar” as conquistas laborais, os servizos públicos, defender o sistema produtivo do país, as pequenas e medianas empresas e o comercio que, advirte Vence, co TTIP quedarían a pairo das grandes cadeas de distribución transnacionais.

O candidato BNG-Asembleas Abertas en Vigo, Serafín Otero, salientou que como motor industrial, Vigo estaría especialmente afectada polo tratado tanto nas desregulación laboral, “nunha cidade feita de traballo”, como polo que afecta ao comercio local.

Sen Troika, nen recortes

“Propoñemos un concello libre de recortes, libre de Troika, e libre de tratados como este que só traen beneficios para uns poucos”, explicou Otero, tras advertir que a clase traballadora “xa sufrimos recortes terribles en dereitos laborais e o TTIP vai traer unha desregulación laboral total empeorando a situación”.

Otero chamou a atención sobre as consecuencias para os sectores produtivos da cidade, “en particular no comercio e na contratación de servizos públicos, tamén desde a Administración local”, e convidou a participar na manifestación prevista na cidade olívica este sábado en contra do tratado.


Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-04-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES