
Con isto resólvese a discrepancia existente entre o Executivo autonómico e o Ministerio, que reducía este importe do principal da débeda a 184 millóns de euros.
Hai que lembrar que o pasado mes de maio, a xustiza xa deu a razón a Galicia ao recoñecer o Tribunal Supremo o seu dereito a ser compensada pola mensualidade do IVE de 2017 máis os intereses de demora- que o Goberno central se negaba a ingresar. Agora, grazas a esta sentenza e á de Castela e León, o Executivo central estende a todas as comunidades autónomas e ás entidades locais a recuperación dos recursos correspondentes a esa mensualidade.
Neste sentido, a Xunta actuou sempre coa máxima lealdade institucional pero con firmeza na defensa dos intereses das galegas e dos galegos, por iso Galicia foi a primeira Comunidade en advertir desta situación en xullo de 2018. E só cando tivo a evidencia de que o Goberno central non ía mudar a súa posición, o Executivo autonómico viuse obrigado a recorrer aos tribunais.
Liquidación negativa
Por outro lado, o Ministerio de Hacienda e Función Pública tamén accedeu esta mañá á petición manifestada por Galicia para que se dera solución ao problema da liquidación negativa derivada do financiamento extraordinario recibido no ano 2020 e que as comunidades autónomas terían que devolver o vindeiro ano 2022.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.