
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves no Auditorio Mar de Vigo o concerto que ofrecerá o vindeiro 18 de decembro o artista portorriqueño Gilberto Santa Rosa dentro da programación musical que apoia o Goberno galego a través de Concertos do Xacobeo, a marca coa que pretende unificar a programación de música, espectáculos e ocio co obxectivo de convertela en atractivo turístico.
Na presentación xunto a Ignacio Cameron, director de PrimerBeat Producción, a representante autonómica explicou que xa están as derradeiras entradas á venda. Ortiz destacou que a Xunta apoia desta forma iniciativas que sexan quen de atraer distintos tipos de público e que poidan converterse en efecto tractor para o turismo e reforzar a imaxe de Galicia nacional e internacionalmente.
O artista portorriqueño, recoñecido mundialmente como El Caballero de la Salsa e recentemente nomeado ao Grammy 2026 polo seu álbum Debut y Segunda Tanda, vol. 2, traerá ao Auditorio Mar de Vigo o seu espectáculo Navidades, unha proposta que combina a forza da salsa coa elegancia e a emoción que marcaron toda a súa carreira.
A cita do 18 de decembro en Vigo forma parte dunha serie de concertos especiais coa que o artista celebra as festas acompañado pola súa orquestra habitual e unha posta en escena coidada ao detalle. O artista chega a esta cita nun momento especialmente significativo, tras ser nomeado ao Grammy 2026 polo seu álbum Debut y Segunda Tanda, vol. 2, recoñecido como un dos traballos máis destacados do xénero tropical latino este ano. Un recoñecemento que subliña a súa vixencia creativa e o papel central que continúa a desempeñar dentro da música latina.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.