Noticias

Máis de 6,63 millóns de turistas visitaron Galicia entre xaneiro e outubro

Galicia recibiu máis de 6,63 millóns de visitantes entre xaneiro e outubro, que sumaron 12,35 millóns de noites no mesmo período, rexistrando incrementos que superan o 2% en ámbolos dous indicadores. O gasto medio do turista do segundo semestre de 2025 situouse en 114,69 euros, un 5,8% máis que en 2024. Isto supón unha mellora da competitividade a da imaxe da oferta turística de Galicia, reforzando o seu carácter como destino serio, profesional e diferenciado sobre a base da calidade, sustentabilidade, cultura e boas prácticas.

Máis de 6,63 millóns de visitantes entre xaneiro e outubro que sumaron 12,35 millóns de noites no mesmo período, rexistrando incrementos que superan o 2% en ámbolos dous indicadores, dan conta do bo ano que se está a rexistrar no ámbito turístico”. Así o salientou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, facendo alusión aos datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, no decurso da Gala de Turismo de Barbanza Arousa na que se fixo entrega da distinción do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) a 70 establecementos turísticos da zona entre os que se atopan aloxamentos e empresas de restauración e servizos turísticos.

Durante a súa intervención, Xosé Merelles destacou precisamente a calidade e excelencia nos servizos turísticos como elementos fundamentais do destino Galicia, incentivadores dunha maior capacidade de atracción de visitantes, ao tempo que contribúen ao desenvolvemento económico do territorio. Neste sentido, lembrou o gasto medio do turista do segundo semestre de 2025 que se sitúa en 114,69 euros, un 5,8% máis que en 2024.

“Sen dúbida, son garantes de mellora da competitividade a da imaxe da oferta turística de Galicia reforzando o seu carácter como destino serio, profesional e diferenciado sobre a base da calidade, sustentabilidade, cultura e boas prácticas”, afirmou o director de Turismo.

Referíndose ao xeodestino Barbanza-Arousa, Xosé Merelles lembrou que se está a executar o Plan de Sostibilidade en Destino (PSTD) Viaxe a través da historia dos sabores, que conta cun investimento de 1,5M€.

Ademais, agradeceu a implicación e o traballo desenvolto desde a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa na proxección e desenvolvemento da actividade turística da zona e salientou que no que vai de ano xa a visitaron máis de medio millón de turistas e case 1,4 millóns de noites en aloxamentos.

R., 2025-12-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES