Noticias

Arranca a nova fase do proxecto Xenoma Galicia

O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.

O delegado da Xunta en Pontevedra, Pablo Fernández, visitou hoxe o Hospital Público do Salnés con motivo do inicio da toma de mostras da nova fase do proxecto Xenoma Galicia no distrito sanitario. Na visita estivo acompañado polo xerente da área sanitaria, José Flores; a directora de Enfermaría da área, Concepción Abellás; e o subdirector de Enfermaría do distrito sanitario do Salnés, Carlos Pol.

As persoas convidadas a participar poderán acudir ao Hospital Público do Salnés entre os días 26 e 29 de outubro para realizar a extracción de sangue. O horario será de 15.30 a 18.30 horas, con cita previa e sen necesidade de acudir en xaxún. Durante o proceso, o persoal sanitario informará os participantes sobre os distintos aspectos do estudo de investigación.

Pola súa banda, no distrito sanitario de Pontevedra, a recollida de mostras realizarase no Hospital Público de Montecelo entre os días 2 e 19 de novembro, no mesmo horario.

Para esta nova recollida de mostras, a Xunta enviou 2.858 invitacións para participar, das que 2.156 corresponden ao distrito de Pontevedra e 702 ao do Salnés. O obxectivo é acadar a participación de 571 persoas: 431 de Pontevedra e 140 do Salnés.

Máis de 3.000 mostras analizadas

O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento da Xunta de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar.

Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes.

A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos para as patoloxías cribadas. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.

En total, ata o momento detectáronse 53 positivos: 19 no piloto de sangue, nove no piloto de saliva e 25 no que vai da fase 1. Deles, 30 corresponden a cancro de mama e ovario, sete á síndrome de Lynch, un participante deu positivo tanto en cancro de mama e ovario hereditario como en síndrome de Lynch, e 15 en hipercolesterolemia familiar.

Coordinado pola Consellería de Sanidade e baixo a dirección dos investigadores da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica María Brión e Ángel Carracedo, este proxecto contribuirá ao deseño de novos programas de prevención e detección temperá e personalizada. Ademais, establecerá as bases dun cribado xenético sustentable e equitativo.

R., 2026-10-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES