
O teito do vindeiro ano está conformado por 11.197 millóns de euros de recursos non financeiros. Dentro deles inclúense 417,3 millóns da parte que lle corresponde a Galicia dos recursos vinculados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia; 266,9 millóns dos recursos REACT-EU; e a transferencia de 211 millóns de euros da mensualidade do IVE de 2017 retida polo Goberno central desde 2019. A isto hai que engadir 415 millóns de euros correspondentes ao 0,6% de necesidade de financiamento, unha vez detraídos 41 millóns de axustes de contabilidade nacional.
Sentenza do IVE de 2017
Galicia manterá a súa capacidade máxima de gasto grazas a que no 2022, a comunidade galega recibirá a mensualidade do IVE correspondente a 2017 que o Goberno central tiña que ter transferido no ano 2019 en cumprimento do sistema de financiamento autonómico. O Tribunal Supremo recoñeceu no mes de maio o dereito de Galicia a ser compensada pola mensualidade do IVE de 2017 máis os xuros de demora- que o Executivo central se negaba a ingresar. Ponse desta maneira punto e final á reivindicación xusta de Galicia que o Goberno central tan só asumiu tras unha sentenza xudicial, apuntou o conselleiro.
Neste sentido, Valeriano Martínez subliñou que Galicia liderou en 2018 a reclamación xusta do IVE, e Galicia liderou tamén a solución, para que estes recursos retidos polo Goberno se transfiran en 2022 a todas as comunidades, acudisen ou non aos tribunais.
Orzamentos 2022
Durante a súa intervención, o conselleiro de Facenda e Administración Pública subliñou tamén que grazas á estabilidade política e institucional que temos Galicia terá un ano máis, en 2022, orzamentos.
Valeriano Martínez sinalou que a Xunta traballa cada día para que a recuperación económica e do emprego sexa o máis rápida posible e por iso queremos ser dilixentes porque os orzamentos son a principal ferramenta para poder superar a pandemia e seguir reactivando a economía, apuntou.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.