
Agrospace conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, dos que case 2 proceden do Fondo Europeo de Desenvolvemento (Feder) e que se desenvolverá durante os tres próximos anos.
Baixo a coordinación xeral do Instituto de Estudios Espaciais de Cataluña (IEEC), os grupos, centros e institutos de investigación, empresas, cámaras de comercio e agricultura e usuarios finais de España, Francia e Portugal que participan no proxecto desenvolverán conxuntamente unha estratexia de innovación intersectorial con plans de accións en tres eixos de innovación: investigación, mercado e política. A Asociación de empresas aeroespaciais Andalucía Aerospace (Andalucía), Agri Sud-Ouest Innovation (Occitania), Aerospace Valley (Occitania), Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios y Navegación de Barcelona (Cataluña), Centro Operativo e de Tecnoloia de Regadio (Alentejo), Hidromod-Modelação em Engenharia Lda (Lisboa), Chambre interdépartementale d'agriculture de la Charente-Maritime et des Deux-Sèvres (Nouvelle-Aquitaine), Institut national d'enseignement supérieur pour l'agriculture, l'alimentation et l'environnement (Occitania), Symington Family Estates - Vinhos S.A. (Norte de Portugal) y Elliot Nube (La Rioja), completan xunto á UVigo a relación de socios do proxecto, que recentemente celebrara en Barcelona a súa reunión de lanzamento.
Entre los socios asociados destacados do proxecto atópanse a Generalitat de Catalunya, a Axencia Espacial Española (AEE), a Axencia Espacial Portuguesa, o Centro Nacional de Estudos Espaciais de Francia (CNES) e a rexión de Occitania.
Tecnoloxías espaciais para transformar a agricultura
Traballaremos para Galicia e Portugal no desenvolvemento de aplicacións para obter datos que aplicar na ordenación de cultivos nas granxas, respecto á biodiversidade e sustentabilidade ou adaptación de cultivos ao cambio climático, explica Jesús Simal sobre o papel que desenvolverán as e os investigadores da UVigo en AgroSpace.
Co obxectivo de impulsar a adopción de tecnoloxías espaciais en zonas rurais como ferramenta para a innovación a resiliencia ao cambio climático, AgroSpace implementará tres demostradores: un desde unha cámara de agricultura para mellorar a avaluación de danos climáticos e así poder compensar mellor aos agricultores; outro para a xestión eficiente dos recursos agrícolas nunha gran adega e un terceiro para validar unha metodoloxía baseada en convocatorias abertas para identificar retos agrícolas e solucións espaciais. Esta estratexia, sumada a accións de formación e sensibilización, agárdase que xere solucións eficaces e transformadoras transferibles a territorios máis amplos e que represente un enfoque innovador respecto dos ríxidos sistemas de financiamento actuais.
Os promotores e participantes do proxecto inciden no feito de que AgroSpace se aliña plenamente cos esforzos de Interreg Sudoe para preservar o capital natural, adaptarse ao cambio climático e mellorar a cohesión social no suroeste de Europa.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.