Noticias

Galicia está no podio das Comunidades Autónomas con máis distintivos con 137 galardóns, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo

Galicia segue a ser un referente nacional en calidade ambiental e turística, con 137 bandeiras azuis e 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas. Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e Andalucía) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor esta mañá en Sanxenxo o papel de Galicia como referente nacional en calidade ambiental e turística, no acto de izado de bandeiras azuis que distinguen aos areais e portos deportivos máis destacados do país: “Non se me ocorre mellor maneira de empezar a temporada de máis afluencia que volvendo izar a bandeira azul”, salientou. Rueda subliñou que Sanxenxo mantén a súa posición á cabeza do conxunto estatal con 17 praias, 3 portos deportivos (o Real Club Náutico Sanxenxo, o Club Náutico Portonovo e o Porto Deportivo Juan Carlos I) e 1 centro azul (o Centro de Interpretación das Telleiras), ademais de ser o concello que conta co maior número de sendeiros azuis de toda España, cun total de 8 rutas.

O titular do Executivo galego sinalou que as bandeiras azuis avalan non só a beleza das praias galegas, senón tamén a súa limpeza, seguridade, accesibilidade, calidade das augas e o traballo en materia de educación ambiental: “Esta é unha marca de excelencia, desa Galicia Calidade que ofrecemos a todo o mundo que quere vir a visitarnos”, apuntou Rueda. E destacou que estes logros son froito da colaboración de concellos, profesionais do sector, entidades colaboradoras e veciñanza, que coidan cada día deste patrimonio común.

Galicia mantense entre as tres Comunidades con máis distintivos azuis (tras a Comunidade Valenciana e Andalucía) con 137 galardóns que inclúen praias, portos e centros azuis, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo. De feito, concentra unha de cada seis bandeiras azuis concedidas este ano aos areais españois. Para Rueda, estes datos confirman a Galicia como un referente en calidade de ocio marítimo e demostran o respecto e o compromiso coa conservación do litoral.

Neste senso, o presidente fixo tamén referencia ao traspaso efectivo das funcións e servizos en materia de ordenación do litoral, en vigor desde o pasado 1 de xullo, que permitirá á Xunta ordenar, protexer e aproveitar de maneira sostible os máis de 2.500 quilómetros de costa galega: “Podemos facer moitas cosas desde aquí para seguir mellorando a costa da comunidade autónoma con máis quilómetros de litoral, onde hai economía, onde hai vida, e onde temos que preservala en sitios tan bonitos coma este”, remarcou Rueda.

Considerou que este novo escenario de autogoberno reforzará a seguridade xurídica de proxectos estratéxicos vencellados ao mar e ao turismo, contribuíndo a garantir un litoral vivo, dinámico e con máximas garantías ambientais, co mesmo nivel de implicación que permitiu acadar a excelencia recoñecida na concesión das bandeiras azuis: “Aquí lanzamos esa mensaxe de que agora mesmo toda Galicia está preparada na súa costa e en todos os lugares onde a xente queira visitarnos”, salientou o presidente.

R., 2025-07-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (20261016-xunta.jpg) O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Ao remate do acto, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas, resultando galardoados María Solar, en Letras; Almudena Fernández Fariña, en Artes Visuais; a compañía Elefante Elegante, en Artes Escénicas; a Asociación Galega de Empresas Musicais, en Música; Alfonso Zarauza, na categoría Audiovisual; Espazo Lectura, en Lingua; o Obradoiro de Gaitas Seivane, en Patrimonio Cultural; e o Festival EmigraSON, en Proxección Exterior.
Foto de la tercera plana (apoio.jpg) O obxectivo desta rede de recursos é acompañar ás persoas con discapacidade ao longo da súa vida, desde os primeiros anos ata que se fan maiores, ofrecendo respostas axeitadas a cada etapa e a cada necesidade. Desde o ano 2016, o número de unidades de atención temperá aumentou ata as 57. Estes servizos públicos e gratuítos dirixidos a nenas e nenos de 0 a 6 anos de idade son fundamentais para detectar, previr e actuar ante trastornos de desenvolvemento. A Rede galega de atención temperá na actualidade chega a máis de 200 concellos e a 6.000 familias.

Notas

A Cátedra Rosalía de Castro da Universidade de Santiago de Compostela, dirixida por María do Cebreiro Rábade Villar e Fernando Cabo Aseguinolaza, acaba de publicar Cartas de Alejandra Murguía de Castro a Ángela Santamarina (1916-1925), un epistolario que recupera a voz dunha muller durante moito tempo eclipsada polas figuras dos seus pais e que achega novos datos sobre a familia Murguía-Castro e, de maneira moi especial, sobre a vida e a obra de Rosalía de Castro.
O Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC e a Facultade de Informática da UDC, recoñeceu os mellores traballos presentados na súa novena edición, destacando a excelencia investigadora e a innovación tecnolóxica en distintos ámbitos das tecnoloxías da información e das comunicacións. Este congreso consolídase como un espazo de intercambio de coñecemento e presentación de resultados científicos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES