Noticias

Volve a campaña 'Come Local' para promover o consumo de produtos agroalimentarios galegos con selo de calidade

No programa participan -en concreto- 16 comedores escolares das catro provincias galegas, así como os catro designados como “Comedores escolares km 0”, que xa estiveron na primeira edición. Este ano estanse tratando de difundir os produtos en todos os ámbitos da comunidade educativa. Así, os profesores reciben fichas didácticas sobre as producións con indicativo que poden incorporar aos programas escolares, os pais e ANPAS son informados da campaña e poden participar dela mediante sorteos, concursos e xogos e, por último, estase a traballar tamén cos cociñeiros e responsables de comedor para tratar de incorporar os produtos aos menús de xeito continuo.



A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), está a reactivar co comezo do novo curso a segunda edición da campaña “Come Local” iniciada o pasado mes de marzo, co fin de impulsar o consumo dos produtos agroalimentarios galegos con indicativo de calidade nos comedores escolares. Esta iniciativa forma parte da canle Mercaproximidade, creada pola Consellería para dar saída aos produtos agroalimentarios galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da covid-19.

Así, nas próximas semanas continuarase coa formación e o asesoramento aos responsables da vintena de comedores adheridos a este programa. Neste senso, non só se seguirán promovendo menús especiais feitos con produtos de proximidade galegos acollidos a indicacións xeográficas protexidas (IXP) e denominacións de orixe protexidas (IXP) senón que tamén se desenvolverán actividades formativas, tanto sobre as características nutricionais das propias producións como sobre o impacto que supón o consumo de produtos certificados na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.

Nesa liña, as próximas actividades xirarán arredor do Día Mundial da Alimentación, que se conmemora o 16 de outubro pero que nos comedores escolares se celebrará un día antes, o venres 15. O principal obxectivo é que os máis pequenos coñezan a importancia de consumir produtos locais e que saiban como poden identificalos de xeito sinxelo grazas ás distintas etiquetas dos selos de calidade.

No programa participan -en concreto- 16 comedores escolares das catro provincias galegas, así como os catro designados como “Comedores escolares km 0”, que xa estiveron na primeira edición. Este ano estanse tratando de difundir os produtos en todos os ámbitos da comunidade educativa. Así, os profesores reciben fichas didácticas sobre as producións con indicativo que poden incorporar aos programas escolares, os pais e ANPAS son informados da campaña e poden participar dela mediante sorteos, concursos e xogos e, por último, estase a traballar tamén cos cociñeiros e responsables de comedor para tratar de incorporar os produtos aos menús de xeito continuo.

Nesta campaña elixíronse centros situados preto de posibles provedores de produtos con denominacións de orixe, indicacións xeográficas protexidas ou ecolóxicos para poder acceder a recoñecementos como o de “Comedores Km 0”, debido á súa aposta polas producións de proximidade á hora de confeccionar os seus menús. Outro criterio para a elección foi o de considerar os distintos sistemas de xestión tanto educativa como do comedor e, así, na campaña participan centros escolares públicos, concertados, comedores xestionados por ANPAS ou os servizos de catering.

Cómpre engadir que outra ferramenta coa que se está a traballar este ano cos centros educativos é na xestión dos custos dos ingredientes nas receitas para poder ter maior control dos gastos na elaboración dos propios menús.

R., 2021-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (autopista-ap9.jpg) A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
Foto de la tercera plana (agro-tractor.jpg) A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.

Notas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e a Xunta de Galicia, organzia do 23 ao 27 de novembro a novena edición da Semana da Ciencia, a cita anual coa que pretende achegar o seu labor investigador á sociedade. Nesta ocasión, o programa centrarase nos retos e oportunidades de futuro que se abren nas áreas de investigación nas que traballa o persoal do IGFAE.
Ata o 12 de xaneiro de 2027 a Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, acolle a mostra Glaciares a derreterse, da artista italiana Cinzia N. Rojas e comisariada por Vítor Nieves e Xosé Lois Vázquez. Na exposición, o público visitante pode ver unha proxección sobre o desexo glaciar. A mostra foi inaugurada contando coa participación da artista.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES